luns, 24 de outubro de 2011

A XUNTA ELIMINA OS CURROS E OS CABALOS DO MONTE

A Xunta de Galicia elaborou un borrador de decreto que vai a eliminar os curros e os cabalos ceibes do monte. Si se lee este borrador, un decátase de que o que realmente quere a Xunta e eliminar os cabalos do monte. Non pode ser máis clara a intención.
http://mediorural.xunta.es/nc/transparencia/elaboracion_de_disposicions_proxectos_e_actos_administrativos/disposicion/?num=55
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20111024/AnuncioC3H1-101011-7346_gl.html
Ou están cegos e xordos,  ou o que teñen é moita presa por eliminar un obstáculo que teñen no monte para levar adiante os seus proxectos de futuro. A explotación do monte será algo case exclusivo de grandes compañías,  e a produción estará centrada en madeira para papel, biomasa para producir electricidade, e todo o uso tradicional e cultural,  para eles, non terá cabida e será suprimido.
Que propietario tradicional de cabalos ceibes vai poder cumprir este decreto sen arruinarse ou perderse nunha burocracia escesiva e afogante?
Está claro que a Xunta de Galicia o único que lle preocupa e tirar rendemento do monte a costa do que sexa, e pór tódolos empedimentos posibles para eliminar a posibles competidores por outro uso e xeito de entender o aproveitamento da natureza e do monte. Nadie se nega a ordenar e identificar os cabalos ceibes, o que si hai que negarse é a unha absurda normativa que non se pode cumprir sen correr o risco de desaparecer ou facer da propiedade dun cabalo do monte un feito de heroicidade.
Xa está ben¡ Basta xa¡
Agora si que hai que levantar a voz e denunciar en Europa e na nosa propia terra, forte e alto, o que se está a facer.


Ningún comentario:

Publicar un comentario