xoves, 29 de decembro de 2011

A GROBA EN PERIGO


DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO PARQUE EÓLICO ALBARIÑO I.
PROMOTOR: EUROVENTO, S.L.U.
LOCALIZACIÓN: CONCELLOS DE BAIONA, OIA, TOMIÑO E GONDOMAR (PONTEVEDRA).
Páx. 1 de 21
DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL FORMULADA POLA SECRETARÍA XERAL DE
CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL EN DATA 16 DE DECEMBRO DE 2011, RELATIVA AO
PROXECTO DO PARQUE EÓLICO ALBARIÑO I, NOS CONCELLOS DE BAIONA, OIA, TOMIÑO
E GONDOMAR (PONTEVEDRA), PROMOVIDO POR EUROVENTO, S.L.U. (CLAVE: 2011/0022).
ANTECEDENTES
O parque eólico denominado Albariño I foi admitido a trámite por Resolución da entón Consellería
de Innovación e Industria (hoxe Consellería de Economía e Industria) do 29 de xaneiro de 2007,
cunha potencia de 48 MW.
En desenvolvemento do anterior, por solicitude da sociedade Eurovento, S.L.U., a extinta
Delegación Provincial da Consellería de Innovación e Industria de Pontevedra iniciou o
procedemento de autorización administrativa do proxecto de execución dun parque eólico de 48 MW
de potencia total nos concellos de Baiona, Oia, Tomiño e Gondomar (Pontevedra), composto por 21
aeroxeradores de 2.300 kW de potencia nominal unitaria.
Dentro do referido procedemento de autorización administrativa considerouse o proxecto, que está
contemplado no grupo 4.h do anexo II do Real Decreto Lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo
que se aproba o texto refundido da Lei de Avaliación de Impacto Ambiental de proxectos, como
sometido ao trámite de avaliación de impacto ambiental.
Mediante Acordo do 31 de maio de 2007, da entón Delegación Provincial da Consellería de
Innovación e Industria de Pontevedra (publicado no DOG nº 148, do 1 de agosto de 2007),
someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto
de execución e proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, declaración de utilidade pública e o
estudo de impacto ambiental das instalacións que comprende o referido parque eólico, constando
durante o período de exposición pública a presentación de alegacións por parte dunha serie de
asociacións ou colectivos vinculados á protección do medio ambiente (Anabam, Asociación A
Groba, Erva, Instituto de Estudos Miñoranos, Luita Verde, Verdegaia, Salvemos Monteferro),
comunidades de montes veciñais (Barrantes, Mougás, Viladesuso), comunidades de bens (O
Budiño), entes locais (Concellos de Baiona e Nigrán, Grupo Municipal do BNG de Baiona) e
empresas con bens na zona (Retevisión), así como diversas persoas en calidade de interesadas,
que no que respecta exclusivamente ao seu contido ambiental foron tidas en conta, no que procede,
ao longo da presente Declaración.
Como resultado dunha serie de condicionantes xurdidos ao longo da tramitación administrativa do
proxecto, o promotor desistiu da tramitación de 22,7 MW dos 48 MW de potencia total deste parque
para a súa reubicación noutras áreas.
Tras o dito desestimento, que supón a eliminación dun total de 10 aeroxeradores (os nº 11, 12, 13 e
15 a 21) e que foi publicado na Resolución do 30 de abril de 2010 da Dirección Xeral de Industria,
Enerxía e Minas, a potencia total do parque quedou establecida en 25,3 MW, que supoñen a
instalación de 11 dos 21 aeroxeradores previstos inicialmente e unha redución da poligonal de
delimitación do parque.
Con data 18 de febreiro de 2011 recíbese na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e
Infraestruturas o expediente ambiental do proxecto, remitido pola Dirección Xeral de Industria,
Enerxía e Minas como órgano substantivo por razón da materia, contendo os resultados de
información pública (anuncios e certificados de exposición ao público e copia das alegacións
presentadas) e os informes das Direccións Xerais de Patrimonio Cultural, de Conservación da
Natureza, de Saúde Pública e de Turismo, ademais dos emitidos polo organismo autónomo Augas
de Galicia e pola Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra.
DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO PARQUE EÓLICO ALBARIÑO I.
PROMOTOR: EUROVENTO, S.L.U.
LOCALIZACIÓN: CONCELLOS DE BAIONA, OIA, TOMIÑO E GONDOMAR (PONTEVEDRA).
Páx. 2 de 21
O 13 de xullo de 2011 recíbese un oficio da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas mediante o
cal trasladan un escrito do promotor relativo á redución da poligonal do parque para axustala á súa
configuración final trala eliminación dos 10 aeroxeradores citados.
Revisado o conxunto do expediente, estimouse a necesidade de completalo en certos aspectos
documentais e aclarar cuestións relativas á poligonal definitiva do parque, aos concellos afectados e
ao informe emitido pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza no marco do trámite de
avaliación de impacto ambiental. En resposta ao dito requirimento, con data 27 de setembro de
2011 recíbense a documentación e aclaracións solicitadas ao órgano substantivo e un segundo
informe da Dirección Xeral de Conservación da Natureza sobre a documentación presentada polo
promotor en resposta ao primeiro emitido pola dita Dirección Xeral.
Unha vez completado o expediente constan no mesmo, ademais do proxecto técnico e o estudo de
impacto ambiental correspondentes á configuración inicial do parque, as separatas, anexos e/ou
addendas elaboradas polo promotor en relación coas sucesivas modificacións do proxecto,
reflictíndose a configuración final do parque e a súa nova delimitación poligonal proposta (unha vez
reducida a área inicial) no plano que acompaña ao escrito remitido pola Dirección Xeral de Industria,
Enerxía e Minas o 13 de xullo de 2011.
O expediente contén así mesmo a separata titulada “Documentación complementaria ao estudio de
impacto ambiental do Parque Eólico Albariño I. Xaneiro de 2011”, na que se efectúa un resumo das
modificacións introducidas no proxecto ao longo do trámite administrativo.
En relación coa documentación relativa ao impacto arqueolóxico do proxecto, o expediente contén
os documentos “Parque Eólico Albariño I. Estudo de Impacto sobre o Patrimonio Cultural. Informe
Final” e “Parque Eólico Albariño I. Estudo de Impacto sobre o Patrimonio Cultural. Anexo ao Informe
Final” presentados polo promotor en resposta, respectivamente, ao primeiro e segundo informes
emitidos pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, e que deron lugar á emisión dun terceiro
informe por parte da dita Dirección Xeral.
Consta así mesmo a documentación presentada polo promotor en resposta ao primeiro informe
emitido pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza, na cal se da conta dos 10 aeroxeradores
eliminados ao longo do trámite administrativo (co cal se elimina a posible interferencia do parque
coa proposta de LIC denominada “Serra da Groba”) e do desprazamento do aeroxerador AG-7 e a
modificación do vial de acceso aos aeroxeradores AG-7 e AG-8 para minimizar posibles afeccións
sobre os hábitats naturais asociados ao humidal que se asenta na zona denominada Alto das
Abrutias. Esta documentación deu lugar a un segundo informe da dita Dirección Xeral no que entre
outras cuestións considera que se da cumprimento aos requirimentos de modificacións necesarias.
En relación co informe emitido pola Dirección Xeral de Turismo, que considera que a actuación
prevista posúe unha influencia negativa sobre o turismo específico da zona e solicita a revisión do
proxecto e que se propoñan medidas que minimicen o grao de afección das instalacións, o
expediente inclúe un escrito do promotor en resposta ao dito informe no cal, ademais de
comprometerse a analizar a compatibilidade do parque coa práctica do parapente, manifesta a súa
disposición para colaborar nos plans e proxectos turísticos que a administración competente teña
previsto desenvolver na zona. Cabe engadir así mesmo, tal e como se mencionou en parágrafos
precedentes, que finalmente o promotor renunciou á instalación dun total de 10 aeroxeradores
(elimínase o sector SW do parque, o que supón a redución do proxecto case á metade do seu
tamaño orixinal), que se corresponden cos que terían unha maior incidencia paisaxística sobre o
sector costeiro de Oia e que suporían unha clara interferencia visual na contemplación do Mosteiro
de Santa María de Oia, considerado Ben de Interese Cultural (BIC).
No anexo I resúmense as características básicas do proxecto e do medio natural e no anexo II as
medidas protectoras e correctoras propostas na documentación achegada no marco do trámite de
avaliación ambiental.
DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO PARQUE EÓLICO ALBARIÑO I.
PROMOTOR: EUROVENTO, S.L.U.
LOCALIZACIÓN: CONCELLOS DE BAIONA, OIA, TOMIÑO E GONDOMAR (PONTEVEDRA).
Páx. 3 de 21
Cumprimentada a tramitación ambiental, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental,
como órgano ambiental e no exercicio das competencias que lle atribúe o Decreto 316/2009, do 4
de xuño, formula, aos sós efectos ambientais, a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) do
proxecto do Parque Eólico Albariño I, nos concellos de Baiona, Oia, Tomiño e Gondomar
(Pontevedra), promovido pola empresa Eurovento, S.L.U.
DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL
Examinada a documentación que constitúe o expediente, esta Secretaría Xeral de Calidade e
Avaliación Ambiental considera que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpran as
condicións que se establecen na presente DIA ademais das incluídas no estudo de impacto
ambiental e restante documentación avaliada, tendo en conta que, no caso de que exista
contradición entre o indicado na antedita documentación e o establecido na presente Declaración,
prevalecerá o disposto nesta última.
Ademais do obrigado cumprimento das anteditas condicións, se se manifesta calquera tipo de
impacto non considerado ata o momento, este órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta
do órgano substantivo, poderá ditar, aos sós efectos ambientais, condicionados adicionais aos
anteriores.
As condicións establecidas poderán ser revisadas de oficio ou por solicitude do promotor, co
obxecto de incorporar medidas que acheguen unha maior protección do medio. Ademais disto, o
promotor poderá solicitar a súa revisión naqueles supostos que tecnoloxicamente presenten graves
dificultades para a súa implantación ou impliquen modificacións importantes na actividade, sempre e
cando as novas medidas permitan acadar os obxectivos e fins desta. Neste último caso, o promotor
remitirá esta solicitude, achegando documentación técnica que xustifique estas medidas, no prazo
máximo dun (1) mes despois de lle ser notificada a presente declaración, non podendo comezar as
obras antes de contar cunha comunicación desta Secretaría Xeral.
1.- ÁMBITO DA DECLARACIÓN
A presente Declaración refírese en exclusiva ao proxecto do Parque Eólico Albariño I, que na súa
configuración final consiste na instalación e explotación dun parque eólico de 25,3 MW de potencia
total nos concellos de Baiona, Oia, Tomiño e Gondomar (Pontevedra), constituído por 11
aeroxeradores de 2.300 kW de potencia nominal unitaria, que se localizarán dentro do polígono
definido polas seguintes coordenadas UTM:
Vértice UTM X UTM Y
1 513.180,96 4.659.000,00
2 516.000,00 4.659.000,00
3 517.383,33 4.654.850,00
4 514.613,65 4.654.850,00
5 514.369,23 4.655.407,89
6 514.204,54 4.655.518,18
7 514.030,12 4.655.510,41
8 514.001,07 4.655.612,50
9 514.016,25 4.655.683,75
10 513.704,17 4.655.608,31
11 513.737,80 4.655.705,36
12 513.938,04 4.656.159,62
13 513.938,04 4.656.248,55
14 513.124,44 4.658.040,45
15 513.180,96 4.658.393,59
DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO PARQUE EÓLICO ALBARIÑO I.
PROMOTOR: EUROVENTO, S.L.U.
LOCALIZACIÓN: CONCELLOS DE BAIONA, OIA, TOMIÑO E GONDOMAR (PONTEVEDRA).
Páx. 4 de 21
A localización dos aeroxeradores e demais infraestrutura asociada ao parque eólico será a que se
recolle no plano titulado “Propuesta modificación poligonal. Plano nº 01” (recibido o 13 de xullo
de 2011 xunto co escrito da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ao que se fai referencia
no apartado de antecedentes), agás para a gabia do cableado entre os aeroxeradores AG-6 e AG-8
que se executará conforme o plano “Contestación informe D.X. Conservación da Natureza” e os
treitos de gabia que no seu caso se modifiquen en función do exposto no punto 6.2.2 da DIA, elo
sen prexuízo do que puidera derivarse, se é o caso, doutros condicionados desta Declaración.
2. PROTECCIÓN DA ATMOSFERA
1. Ademais das medidas previstas no estudo ambiental para minimizar a emisión de po á atmosfera,
os camións que transporten terras ou outros materiais que poidan xerar po deberán ir cubertos con
lonas ou similar. Así mesmo procederase, no caso de ser necesario, ao lavado das rodas dos
camións á saída da zona de obras.
2. Os niveis de presión sonora debidos á construción e funcionamento do parque eólico non
poderán superar os valores límite de recepción para ruído ambiente exterior establecidos no artigo 8
do anexo da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, así como,
no seu caso, o establecido nas ordenanzas municipais ao respecto.
En consonancia coas conclusións do estudo de impacto ambiental, tendo en conta a distancia á que
se atopan os núcloes de poboación máis próximos ao parque, e sempre que se leve a cabo un
mantemento preventivo da maquinaria para minimizar posibles molestias por emisións sonoras, non
se considera necesario a realización de medicións dos niveis de ruído durante a fase de obras.
Na fase de funcionamento levarase a cabo o seguimento do nivel de ruído proposto no estudo
ambiental (tendo en conta que debido á eliminación de 10 aeroxeradores poderán desbotarse os
puntos de control PS-4 a PS-6), téndose que adoptar as medidas correctoras oportunas (incremento
do illamento dos equipos, pantallas de illamento acústico, etc) no caso de que se superen os límites
legalmente establecidos.
3. PROTECCIÓN DAS AUGAS E LEITOS FLUVIAIS
1. Con carácter xeral deberán respectarse, sen que se vexan afectadas polas obras, as charcas e
acumulacións naturais de auga existentes na zona, principalmente nas áreas denominadas Alto da
Groba e As Abrutias (onde se atopan as pozas Negra, da Gabiñeira e do Campo da Lebre). Pola
natureza destas formacións e os valores ambientais que albergan, estarase ao sinalado no punto 6
da DIA.
Previamente ao comezo das obras procederase á sinalización e balizamento das ditas masas de
auga para evitar posibles danos durante a execución das obras. Preservaranse de verteduras (sexan
entullos, terras, lixo ou outros), extraccións de auga, tránsito de maquinaria ou calquera outro dano. O
persoal de obra deberá estar informado das ditas limitacións.
2. Toda actuación ou afección no dominio público hidráulico ou na súa zona de servidume e policía
(cruzamentos de pistas ou gabias do cableado, etc.), así como calquera captación ou vertedura se é
o caso, precisarán da autorización ou permiso do organismo de cunca competente en cada caso
(Augas de Galicia ou Confederación Hidrográfica do Miño-Sil).
A este respecto, deberán terse en conta en todo momento as limitacións e demais prescricións
establecidas no Real Decreto Lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido
da Lei de Augas e no Regulamento do Dominio Público Hidráulico (RD 849/1986, do 11 de abril, e
posteriores modificacións), así como na Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial e no Decreto
130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos
ecosistemas acuáticos continentais.
DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO PARQUE EÓLICO ALBARIÑO I.
PROMOTOR: EUROVENTO, S.L.U.
LOCALIZACIÓN: CONCELLOS DE BAIONA, OIA, TOMIÑO E GONDOMAR (PONTEVEDRA).
Páx. 5 de 21
3. Extremaranse as precaucións na execución e control das obras naquelas zonas nas que, en
función da proximidade dos axentes de obra aos cursos fluviais (afección directa ou indirecta) ou da
súa pendente, exista un maior risco de desencadeamento de procesos erosivos e de incorporación
de sólidos ás augas, adoptando o conxunto de medidas protectoras, correctoras e de vixilancia
ambiental propostas ao longo do estudo de impacto, así como as establecidas nesta DIA e calquera
outra que resulte necesaria para a preservación dos cursos fluviais e a calidade das súas augas.
Sen prexuízo do indicado no punto 3.2, o control será máis estrito nas obras relacionadas coa gabia
de cableado que chega á subestación transformadora e co vial a acondicionar de acceso á zona dos
aeroxeradores AG-9/AG-10 (xunto coa súa gabia de cableado asociada), que en ambos casos
interceptan canles de regatos tributarios doutros regos de maior entidade que discorren pola zona.
Prestarase especial atención ao balizamento e sinalización das ditas zonas, co fin de evitar posibles
afeccións por tránsito incontrolado de maquinaria ou vehículos de obra. As precaucións estenderanse
á preservación das comunidades vexetais e animais asociadas á estrutura interna e externa dos
leitos fluviais.
Así mesmo, atenderase á valgada de forte pendente existente entre os aeroxeradores AG-6 e AG-7,
sendo obxecto de especial aplicación as medidas sinaladas nos puntos 3.7, 3.8 e 3.9.
Para os restantes regos e regatos con certa proximidade a axentes de obra, e aínda que pola
presenza de pistas ou devasas que actuarían como elemento de retención de posibles arrastres de
materiais cara a eles non son previsibles afeccións, teranse en conta igualmente as medidas do
estudo e as establecidas nesta DIA.
4. A calidade das augas manterase en niveis óptimos, de xeito que co motivo das obras non diminúa
respecto da existente antes do inicio destas. Para tal fin, tanto na fase de obras como ao final destas
ata que se constate ausencia de afeccións, levarase a cabo un plan de control da calidade das
augas, en cuxa elaboración e desenvolvemento se terán en conta as zonas de risco sinaladas no
punto anterior e as consideracións que figuran punto 9.2.1 da DIA.
5. Non se afectarán, ou de ser o caso terán que ser repostas na súa totalidade, as instalacións ou
servizos de abastecemento de auga, saneamento ou calquera outro amparado pola lexislación
hidráulica que se poidan atopar na área de influencia das obras.
De igual xeito, respectaranse as fontes e mananciais que puideran existir na zona, podendo ser
parcialmente encanado o seu curso se resultase necesario para a execución das obras. De xurdir
afloramentos de augas subterráneas, serán conducidos a ceo aberto (sempre que as obras
definitivas o permitan) cara ás correntes superficiais máis próximas.
6. Tal e como se indica no estudo de impacto ambiental, na rede viaria do parque disporanse as
estruturas de drenaxe transversal necesarias para non modificar o actual réxime hidrolóxico da zona
e permitir a libre circulación das augas. Evitarase a xeración de zonas asolagadas, o trasvase de
auga dunha microcunca a outra ou a concentración de grandes fluxos de auga en pequenas valgadas
con escasa capacidade de acollida.
A incorporación das augas procedentes da rede de drenaxes do parque cara á rede hidrográfica
deberá ser gradual, polo que á saída das drenaxes transversais e nos puntos onde a auga das
cunetas se incorpore ao terreo, así como nos tramos de cuneta en zonas de elevada pendente,
disporanse sistemas protectores e/ou de disipación de enerxía co fin de evitar fenómenos erosivos,
arrastres de materiais, deposición de sólidos ou asolagamentos na traxectoria de incorporación das
augas aos cursos naturais.
DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO PARQUE EÓLICO ALBARIÑO I.
PROMOTOR: EUROVENTO, S.L.U.
LOCALIZACIÓN: CONCELLOS DE BAIONA, OIA, TOMIÑO E GONDOMAR (PONTEVEDRA).
Páx. 6 de 21
Tanto na fase de obras como na de funcionamento realizarase un control do correcto funcionamento
desta rede de drenaxes, dos dispositivos de disipación de enerxía e das condicións de incorporación
das augas de drenaxe cara á rede natural, téndose que adoptar as medidas protectoras ou
correctoras necesarias no caso de producirse os citados fenómenos. Así mesmo, levaranse a cabo
os oportunos labores de mantemento da rede de drenaxes do parque.
7. A medida que avanza a obra procederase á estabilización dos noiros de desmonte e/ou terraplén
resultantes da execución da obra civil, co obxecto de previr fenómenos erosivos e incorporación de
sólidos ás augas.
8. Cando se executen obras en zonas de elevada pendente deberán dispoñerse mallas antiescorrega
ou calquera outra medida adecuada para evitar o arrastre ou rodadura de materiais ladeira abaixo. O
estado e operatividade dos dispositivos antiescorrega será obxecto de control exhaustivo durante a
execución das obras. En calquera caso, de producirse estes, deberán ser retirados e depositados en
emprazamento autorizado e a zona devolta ao seu estado orixinal.
9. Non se acumularán terras, entullos, material de obra nin calquera outro tipo de materiais ou
substancias nas zonas de servidume dos cursos fluviais ou en zonas de pendente próximas a estes,
nin interferindo na rede natural de drenaxe, para evitar a súa incorporación ás augas no caso de
chuvias ou escorrega superficial.
10. As augas residuais que se xeren no edificio de control terán que ser levadas cara a unha fosa
séptica ou outro sistema que garanta o seu axeitado tratamento, debendo ser obxecto de
mantemento periódico para garantir o seu correcto funcionamento.
11. Non estando previsto na documentación presentada a reserva dunha zona para a fabricación de
formigón, este necesariamente será provisto desde planta ou plantas localizadas fóra da obra e que
conten coas debidas autorizacións.
4. PROTECCIÓN DO SOLO
1. Levarase a cabo un control topográfico preciso dos límites das zonas de obra e da localización de
todas as infraestruturas e instalacións proxectadas, que se axustará ao establecido nesta
Declaración, estando prohibido ocupar terreos fóra dos previstos.
2. No caso de realizar voaduras, disporanse os medios necesarios (redes, lonas...) para evitar a
proxección de fragmentos de rocha ao contorno. En calquera caso, se istos se producisen, deberán
ser retirados da zona e depositados en emprazamento autorizado.
3. Con carácter xeral, non se efectuarán préstamos na zona salvo xustificación previa, en cuxo caso
seleccionaranse zonas que xa vaian ser afectadas polas obras ou, no seu defecto, lugares carentes
de valores ambientais ou paisaxísticos relevantes. En todo caso, os préstamos deberán ter a súa
procedencia debidamente acreditada e os ocos resultantes serán restaurados ao finalizar a obra.
4. Manterase a permeabilidade territorial da zona, conservando os servizos e servidumes de paso
que existan na actualidade. Se durante as obras fose preciso cortar o paso dalgunha vía, deberán
implementarse rutas alternativas que presten o mesmo servizo.
5. No caso de deterioración de estradas, camiños ou calquera outra infraestrutura ou instalación
preexistente debido aos labores de construción do parque, deberá restituírse a súa calidade aos
niveis previos ao inicio das obras.
6. Os elementos do parque non poderán supoñer un obstáculo para o normal uso das devasas
existentes na zona, debéndose garantir a súa operatividade.
DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO PARQUE EÓLICO ALBARIÑO I.
PROMOTOR: EUROVENTO, S.L.U.
LOCALIZACIÓN: CONCELLOS DE BAIONA, OIA, TOMIÑO E GONDOMAR (PONTEVEDRA).
Páx. 7 de 21
5. XESTIÓN DE RESIDUOS
1. Todos os residuos que se xeren como consecuencia da construción, explotación e
desmantelamento do parque eólico deberán ser xestionados en función da súa natureza e conforme
á lexislación vixente, primando a reciclaxe ou reutilización fronte á vertedura.
2. O almacenamento temporal de residuos ata a súa entrega a xestor autorizado poderá realizarse
nunha zona acondicionada para tal fin (preferentemente na área de casetas de obra e parque de
maquinaria), sinalizando claramente a presenza dos residuos e cumprindo coas normas de
almacenamento establecidas na lexislación vixente.
3. Antes do inicio da fase de explotación do parque deberán terse retirado e xestionado a totalidade
dos residuos xerados na obra.
6. PROTECCIÓN DA FAUNA, VEXETACIÓN E HÁBITATS NATURAIS
6.1. Sobre a fauna
1. Dado que entre as aves rapaces inventariadas na área do parque figura a Gatafornela Circus
cyaneus (catalogada como vulnerable no Catálogo galego de especies ameazadas), que nidifica
sobre o solo en ambientes de matogueira e polo tanto é susceptible de verse afectada polas obras,
previamente aos labores de roza da matogueira levaranse a cabo as comprobacións necesarias para
determinar a existencia ou non de parellas reprodutoras na área de afección directa das
infraestruturas e instalacións do parque.
No caso de detectarse a súa nidificación na zona afectada polas obras, adoptaranse as medidas
oportunas para que poidan finalizar con éxito o periodo reprodutor, incluíndo o establecemento dun
perímetro de exclusión duns 500 m de radio en torno ao niño, onde se evitará calquera actuación
ata a finalización do periodo reprodutor (podendo continuar coas obras noutra zona do parque) e
outro perímetro de seguridade de 500 m, onde se limitarán ao máximo as actuacións para garantir a
tranquilidade das aves.
2. Previamente aos labores de corta de arboredo verificarase a ausencia de avifauna nidificante de
interese nos pés implicados. En caso de presenza, adoptaranse as medidas oportunas para que
poidan finalizar con éxito o periodo reprodutor.
En especial, atenderase á presenza de aves rapaces (na zona é probable ou está confirmada a
presenza de varias especies que aniñan en árbores; Miñato Buteo buteo, Azor Accipiter gentilis,
Gabián Accipiter nisus, Falcón pequeno Falco subbuteo, Aguia cobreira Circaetus gallicus, Avelaiona
Strix aluco…) ou calquera outra especie que ostente figuras legais de protección ou apareza recollida
en listaxes ou libros vermellos que poñan de manifesto a importancia da súa conservación.
3. Non obstante o anterior e con carácter xeral, para levar a cabo os labores de corta e roza de
vexetación, así como os movementos de terras, escolleranse datas fóra das épocas de nidificación e
cría da fauna máis sensible a este tipo de actuacións, implementando en todo caso as medidas
necesarias para non alterar á fauna.
Non se esquecerán outros grupos faunísticos potencialmente vulnerables, como poden ser os
anfibios e réptiles, dos que na área do parque se teñen inventariado algunhas especies que figuran
nos Catálogos galego e español de especies ameazadas.
4. Respecto á avifauna e os morcegos (dos que na zona se teñen inventariado varias especies que
figuran nos Catálogos galego e español de especies ameazadas), realizaranse comprobacións
periódicas que permitan determinar a existencia ou non de afeccións sobre os seus efectivos
DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO PARQUE EÓLICO ALBARIÑO I.
PROMOTOR: EUROVENTO, S.L.U.
LOCALIZACIÓN: CONCELLOS DE BAIONA, OIA, TOMIÑO E GONDOMAR (PONTEVEDRA).
Páx. 8 de 21
poboacionais e detectar cambios no comportamento e usos do hábitat producidos pola instalación
e/ou presenza dos aeroxeradores.
No caso de que se detecte unha incidencia negativa, adoptaranse as medidas necesarias para
corrixir a dita situación, entre as que se poden contemplar, sen prexuízo doutras, un incremento da
frecuencia do seguimento, o establecemento de períodos de parada técnica dos aeroxeradores no
caso de alcanzarse umbrais de risco, parada de máquinas en días con condicións meteorolóxicas
moi desfavorables e de baixa visibilidade, eliminación ou relocalización dos aeroxeradores máis
conflitivos, etc.
Para tal fin, o promotor deberá contar con plans de seguimento da incidencia do parque sobre a
avifauna e os quirópteros, redactados por técnicos competentes, en cuxa elaboración se terán en
conta as indicacións que figuran no punto 9.2.2 da DIA.
5. En relación coas poboacións de cabalo galego de monte existentes na zona, a Dirección Xeral de
Conservación da Natureza sinala que se deberá prestar unha especial atención ao seu seguimento,
adoptando as medidas que sexan precisas para evitar un receso na súa área de campeo, sendo
sempre adecuado a adopción de medidas preventivas e correctoras a este respecto, como poden
ser o acondicionamento de determinadas zonas.
6. No caso de que nalgún dos camiños do parque sexa necesario colocar pasos canadenses para
impedir o paso de gando, deberán adoptarse medidas que posibiliten o escape dos pequenos
vertebrados que poidan caer ao foxo. As ditas medidas poderán consistir, sen prexuízo doutras
igualmente efectivas, nunha rampla de subida ou facer o foxo cun ou os dous laterais abertos.
6.2. Sobre a vexetación e hábitats naturais
1. A eliminación de vexetación reducirase ao estritamente necesario para a execución das obras,
empregando sistemas de roza no caso da matogueira. Non se fará uso do lume nin fitocidas nestas
tarefas.
2. Co fin de reducir afeccións sobre a vexetación, mellorarase na medida do posible o trazado das
gabias do cableado, aproximándoas o máis posible aos viais do parque sempre que outros
condicionantes non o impidan, evitando tamén tramos con fortes pendentes. Na configuración final
do parque esta medida podería estudarse nos treitos entre os aeroxeradores AG-1/AG-2, AG-5/AG-
6 e AG-9/AG-10.
3. En relación coa afección do proxecto a hábitats naturais de interese comunitario ou prioritarios,
cabe facer as seguintes consideracións tomando como base a información aportada no estudo de
impacto ambiental e os informes emitidos pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza:
• O conxunto de hábitats que se atoparían dentro da área en estudo para proposta de novo
espazo protexido coa categoría de Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) denominado “Serra
da Groba” quedan salvagardados coas modificacións introducidas no proxecto ao longo do
trámite ambiental, que supuxeron a eliminación de 10 aeroxeradores e as súas correspondentes
plataformas de montaxe, así como de 3.503 m de novos viais, 7.731 m de viais a acondicionar e
10.061 m de gabias do cableado.
Con esta supresión de infraestruturas e instalacións quedan tamén salvagardados os humidais
recollidos no Inventario Galego de Humedais coa denominación de “Rego de Mougás” e “Cruz
de Pau”, localizados dentro dos límites do espazo proposto como LIC e que na configuración
inicial do proxecto tiñan grande posibilidade de verse afectados.
• Xa fóra dos límites da proposta de espazo protexido “Serra da Groba”, a Dirección Xeral de
Conservación da Natureza estableceu, entre outras cuestións, a necesidade de preservar os
DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO PARQUE EÓLICO ALBARIÑO I.
PROMOTOR: EUROVENTO, S.L.U.
LOCALIZACIÓN: CONCELLOS DE BAIONA, OIA, TOMIÑO E GONDOMAR (PONTEVEDRA).
Páx. 9 de 21
hábitats que conformen zonas húmidas e humedais, centrando a atención nos valores do
humidal que se asenta na zona denominada Alto das Abrutias.
A este respecto, outra das modificacións introducidas no proxecto ao longo do trámite ambiental
foi o desprazamento do aeroxerador AG-7 e a modificación do vial de acceso aos aeroxeradores
AG-7 e AG-8 (conforme consta no plano denominado “Contestación informe D.X. Conservación
da Natureza”), que ao afastarse do devandito humidal minimizan as posibles afeccións,
considerando a citada Dirección Xeral que se da cumprimento aos requirimentos de
modificacións necesarias.
Non obstante o anterior, sinalan que se deberá ter moi presente a dinámica natural do humidal,
así como o mantemento dos aportes e a eliminación dos excedentes, polo cal é moi importante
que a infraestrutura viaria de acceso aos aeroxeradores non supoña un elemento de
modificación da dita dinámica por constituir un efecto barreira.
En consecuencia, tanto a execución das obras como a exacta disposición final das
infraestruturas e a dotación de drenaxes que no seu caso puidera facerse no contorno das
zonas húmidas e humedais efectuaranse de xeito que non se altere o réxime hídrico das
mesmas. No plan de vixilancia e seguimento ambiental deberán incorporarse os controis
oportunos que permitan comprobar o cumprimento destas premisas, tanto para esta zona en
particular como para outras da mesma natureza noutras áreas do parque.
Ademais destas medidas particulares para a citada zona do Alto das Abrutias, a devandita
Dirección Xeral establece as seguintes medidas con carácter xeral para o conxunto do parque:
􀂃 Os hábitats naturais prioritarios deberán preservarse integramente, adoptando as medidas
precisas para evitar calquera deterioro directo ou indirecto dos mesmos.
􀂃 Atendendo ao punto 3 do artigo 45 da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio
Natural e da Biodiversidade, relativo ás medidas necesarias para evitar o deterioro ou a
contaminación dos hábitats fóra da Rede Natura 2000, e aínda que non se prevé un
deterioro significativo dos hábitats de interese comunitario detectados na zona, xa que non
se afecta a longo prazo a súa distribución natural, a súa estrutura e funcións, así como
tampouco á supervivencia das súas especies, deberanse adoptar as medidas precisas coa
finalidade de executar as obras coas mínimas afeccións ambientais, entre elas as que
figuran no estudo ambiental e as establecidas ao longo desta DIA.
􀂃 Evitarase a afección aos hábitats que conformen zonas húmidas e humedais. Esta premisa
cumprirase ata o extremo de relocalizar as actuacións do proxecto que poidan producir un
deterioro sobre os mesmos.
􀂃 Outros hábitats ou especies vexetais de interese que deberán ser obxecto de especial
atención en canto á súa preservación son as comunidades de Ulex micranthus, os rochedos
con exemplares de Silene uniflora ou as formacións de Nardus stricta.
4. Evitarase especialmente calquera afección sobre formacións arbóreas autóctonas, así como
sobre ecosistemas intimamente ligados á auga.
5. Para os efectos sinalados nos puntos anteriores, previamente a calquera actuación efectuaranse
as prospeccións necesarias para detectar a presenza de especies e hábitats protexidos pola
lexislación vixente. En caso de detectar presenza, adoptaranse as medidas precisas para a súa
preservación nun estado favorable de conservación, sen alterar o seu hábitat e comunicando o
achádego ao Servizo Territorial de Conservación da Natureza da Coruña.
DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO PARQUE EÓLICO ALBARIÑO I.
PROMOTOR: EUROVENTO, S.L.U.
LOCALIZACIÓN: CONCELLOS DE BAIONA, OIA, TOMIÑO E GONDOMAR (PONTEVEDRA).
Páx. 10 de 21
6. Disporanse as medidas necesarias para eliminar riscos de incendios, tanto na fase de obras como
na de funcionamento do parque.
7. Previamente á corta de arboredo terá que realizarse a correspondente comunicación de corta ou
solicitude de autorización, segundo o caso, conforme o disposto no Regulamento de Montes e
demáis normativa de aplicación.
8. Na xestión da biomasa vexetal eliminada primarase a súa valorización, evitando a queima in situ
destes restos, que de ser o caso terá que contar coa preceptiva autorización. No caso de que sexa
depositada sobre o terreo, procederase a súa trituración e esparexemento homoxéneo, para permitir
unha rápida incorporación ao solo, diminuír o risco de incendios forestais e evitar a aparición de
enfermidades ou pragas.
7. PROTECCIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL
Tras a definición da configuración final do parque con 11 aeroxeradores (logo da renuncia definitiva
do promotor á instalación das máquinas AG-11, AG-12, AG-13, AG-15, AG-16, AG-17, AG-18, AG-
19, AG-20 e AG-21 e da torre meteorolóxica Meteo-2 por diversas e sucesivas restricións xurdidas
ao longo da tramitación administrativa do proxecto), elimínanse a meirande parte dos impactos do
proxecto sobre o patrimonio cultural, establecéndose non obstante o seguinte condicionado en base
ao derradeiro informe emitido pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural:
1. Deberase realizar un control e seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, de
execución de obra e de restitución dos terreos, en todo o ámbito do parque eólico. Para tal fin, e
previamente ao inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser
autorizado pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.
• Como anexo ao dito proxecto arqueolóxico deberase recoller, na cartografía que empregue o
persoal de obra durante o transcurso da mesma, un plano no que figuren as áreas de risco
arqueolóxico, coa localización dos elementos do patrimonio cultural xunto coas súas áreas de
cautela (obxecto do control e seguimento arqueolóxico). Dito plano incorporará os textos
necesarios para a súa comprensión.
• As obras que se executen no ámbito de protección dos elementos do patrimonio cultural
deberán realizarse baixo a supervisión continua do arqueólogo director do proxecto de control
e seguimento arqueolóxico.
• Na fase de replanteo, o equipo de control e seguimento deberá realizar unha revisión dos
impactos e se valorará a aplicación das correspondentes medidas correctoras.
2. Previamente ao inicio das obras deberase proceder á sinalizacion e balizamento, con material
facilmente visible, dos bens pertencentes ao patrimonio arqueolóxico sobre os que o proxecto
ocasione algún tipo de impacto.
3. Nas áreas de protección dos bens do patrimonio cultural non se poderá realizar ningún tipo de
obras relacionadas co proxecto non previstas na documentación remitida (parque de
maquinaria, instalación de casetas, acopios de terras e materiais...).
4. Dentro das obras previstas no parque, proxéctase o acondicionamento dunha pista existente no
contorno inmediato dos xacementos arqueolóxicos Mámoas de Areeiro (GA36036031,
GA36036064, GA36036018, GA36036032, GA36036033 e GA36036019). Tendo en conta as
características destes bens (monumentalidade, arquitectura megalítica) e o seu estado de
conservación, é necesario levar a cabo as seguintes medidas a realizar no marco do proxecto
de control e seguimento arqueolóxico, ao obxecto de documentar de xeito más preciso os ditos
elementos:
DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO PARQUE EÓLICO ALBARIÑO I.
PROMOTOR: EUROVENTO, S.L.U.
LOCALIZACIÓN: CONCELLOS DE BAIONA, OIA, TOMIÑO E GONDOMAR (PONTEVEDRA).
Páx. 11 de 21
􀂃 Topografía tos túmulos (a escala axeitada).
􀂃 Planimetría das cámaras megalíticas.
􀂃 Documentación fotográfica dos traballos, así como do estado final dos mesmos.
5. En base aos resultados das actuacións arqueolóxicas en cada unha das fases da obra, a
Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre
a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Terase en conta que na fase de
replanteo se revisarán os impactos e se valorará a aplicación das correspondentes medidas
correctoras.
6. Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes,
de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.
8. INTEGRACIÓN PAISAXÍSTICA E RESTAURACIÓN
En relación coa incidencia visual inherente a este tipo de instalacións, no caso concreto deste
parque eliminouse na súa totalidade o sector SW do mesmo ao longo do trámite ambiental, o cal
implica a non instalación de 10 aeroxeradores (AG-11, AG-12, AG-13, AG-15, AG-16, AG-17, AG-
18, AG-19, AG-20 e AG-21) e da torre meteorolóxica Meteo-2, así como das súas correspondentes
plataformas de montaxe e a supresión de 3.503 m de novos viais, 7.731 m de viais a acondicionar e
10.061 m de gabias do cableado.
Ademais da antedita revisión do proxecto, que reduciu o seu tamaño case á metade coa
conseguinte minoración do impacto paisaxístico, teranse en conta as seguintes medidas:
1. As características tipolóxicas do edificio de control deberán ser acordes coas típicas da zona. A
cor da pintura de exteriores tamén deberá ser acorde co contorno e de acabado mate.
2. En canto á subestación transformadora, dotaráselle dun apantallamento vexetal que diminúa a
súa visibilidade e potencie a súa integración no contorno.
3. Maximizarase a integración paisaxística do conxunto do proxecto considerando as medidas
pertinentes ademais da restauración e revexetación, como poden ser a adopción de pantallas
visuais en determinados ángulos e áreas. Na execución dos viais minimizaranse ao máximo os
movementos de terras.
4. Se os afloramentos rochosos existentes na zona do parque tiveran interese xeomorfolóxico ou
paisaxístico, deberán ser respectados, sen que se vexan afectados polas obras.
5. Todas as superficies afectadas ou deterioradas pola execución das obras (marxes dos viais,
contorno das obras de drenaxe, gabias do cableado, plataformas de montaxe dos aeroxeradores,
contorno da subestación transformadora, edificio de control e torre anemométrica, parque de
maquinaria e área de casetas de obra, zonas de amoreamento de materiais…) deberán ser
restauradas e revexetadas, favorecendo a recuperación do solo e a reinstalación da vexetación
orixinal.
Para tal fin, levarase a cabo as actuacións de restauración e revexetación que figuran no estudo
ambiental, adaptándoas á configuración final do parque e tendo en conta as seguintes
consideracións:
• No caso de precisar achegas externas de terra vexetal por non ser suficiente a retirada en obra,
esta non se poderá extraer de áreas onde se atope consolidada e integrada no medio, debendo
proceder de amoreamentos ou zonas debidamente autorizadas.
• De acordo co indicado no estudo ambiental, deberá realizarse un seguimento da efectividade
dos labores de restauración e revexetación, procedendo á reposición das calvas e/ou marras
que puideran aparecer nas sementeiras, hidrosementeiras ou plantacións efectuadas.
DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO PARQUE EÓLICO ALBARIÑO I.
PROMOTOR: EUROVENTO, S.L.U.
LOCALIZACIÓN: CONCELLOS DE BAIONA, OIA, TOMIÑO E GONDOMAR (PONTEVEDRA).
Páx. 12 de 21
Incrementarase a intensidade deste seguimento no caso de que se detecten dificultades para o
desenvolvemento da vexetación, levando a cabo actuacións adicionais de restauración se o
éxito desta non é o axeitado.
6. Unha vez rematada a vida útil do parque eólico, ou ben no caso de que quedase definitivamente
fóra de servizo por calquera causa, ao longo da fase de abandono levaranse a cabo todas as
actuacións necesarias para desmantelalo e recuperar a situación preoperacional da zona ocupada
pola instalación.
Neste sentido, desenvolveranse as actuacións de desmantelamento descritas no estudo de impacto
ambiental, contemplando, con carácter xeral, a desmontaxe e retirada dos aeroxeradores, torre
meteorolóxica e subestación (o edificio de control pode deixarse para outros usos), demolición de
zapatas en superficie (pedestais ou peañas), restauración dos viais de nova execución para uso
exclusivo do parque, restitución de terreos e servizos afectados e revexetación das zonas alteradas
pola desmontaxe.
9. PROGRAMA DE VIXILANCIA E SEGUIMENTO AMBIENTAL
9.1. Aspectos xerais
O obxecto deste programa é o de garantir ao longo do tempo o cumprimento das medidas
protectoras e correctoras contempladas na documentación avaliada e no condicionado desta
Declaración, así como incorporar procedementos de autocontrol por parte do promotor. O programa
debe permitir detectar, cuantificar e corrixir alteracións que non se puidesen prever no estudo
ambiental ou no condicionado da DIA, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas
novas problemáticas xurdidas.
Para tal fin, e tomando como base o plan de seguimento proposto no estudo ambiental, deberán
incorporarse os controis necesarios para adaptalo aos condicionantes xurdidos da presente
Declaración. Na redacción deste programa fixaranse segundo a fase (replanteo, obras, explotación
ou abandono) a periodicidade, indicadores e umbrais ou valores límite que se vaian utilizar en cada
caso.
Será responsabilidade do órgano substantivo que o programa que finalmente se desenvolva neste
sentido permita acadar os fins sinalados no parágrafo anterior. Asemade, teranse en conta as
seguintes consideracións:
􀂃 As tomas de mostras, medicións e/ou analíticas deberán ser realizadas por organismo de control
autorizado ou entidade homologada, e os resultados deberán vir asinados por un técnico da dita
entidade. Deberán ser representativas, e polo tanto levaranse a cabo durante os labores con
maior incidencia sobre os aspectos obxecto de control.
􀂃 No caso de que se detecten, como resultado deste seguimento en calquera das súas fases,
impactos imprevistos ou alteracións que superen os umbrais establecidos na lexislación aplicable
ou nesta Declaración, comunicarase inmediatamente ao órgano substantivo, propoñéndose as
medidas correctoras precisas para corrixilas. Se se pon de manifesto a existencia de impactos
ambientais severos ou críticos, o órgano substantivo poñerá este feito en coñecemento da
Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
􀂃 Co obxecto de acadar a máxima coordinación e eficacia no cumprimento da presente declaración
de impacto ambiental, o promotor deberá designar un/s responsable/s do control deste,
notificando o seu nomeamento ao órgano substantivo, quen o comunicará ao órgano ambiental.
9.2. Aspectos específicos
DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO PARQUE EÓLICO ALBARIÑO I.
PROMOTOR: EUROVENTO, S.L.U.
LOCALIZACIÓN: CONCELLOS DE BAIONA, OIA, TOMIÑO E GONDOMAR (PONTEVEDRA).
Páx. 13 de 21
9.2.1. Na elaboración e posterior desenvolvemento do plan de seguimento da calidade das augas ao
que se fai referencia no punto 3 da DIA, teranse en conta as seguintes consideracións:
o Deberá constar, xustificadamente, a metodoloxía e técnicas analíticas a empregar, a
periodicidade dos controis e os límites legais a respectar. Os parámetros a considerar nas
analíticas serán como mínimo: pH, temperatura, materias en suspensión, osíxeno disolto,
conductividade e presenza de hidrocarburos. Describiranse as medidas protectoras e
correctoras a adoptar no caso de detectarse incidencias na calidade das augas.
o A localización dos puntos de mostraxe será tal que, como mínimo, permita detectar as posibles
incidencias nas zonas de risco indicadas no punto 3.3 da DIA. Os puntos de control reflictiranse
nun plano a escala 1:10.000-1:25.000.
o Levarase a cabo unha campaña preoperacional con mostraxes en todos os puntos de control
seleccionados, para dispoñer de datos da calidade das augas existente antes da execución das
obras. Os resultados desta campaña incorporaranse aos informes de seguimento ambiental
(tanto os de obra como fin de obra e de funcionamento se é o caso) para comparalos cos datos
obtidos en cada periodo de seguimento.
o A periodicidade dos controis en fase de obras poderá restrinxirse ao momento no que se
executen as obras relacionadas con cada punto de control seleccionado.
9.2.2. Na elaboración e posterior desenvolvemento dos plans de seguimento de avifauna, quirópteros
e demais fauna aos que se fai referencia no punto 6.1 da DIA, teranse en conta as seguintes
consideracións:
o Tal e como se desprende do punto 9.1.- Aspectos Xerais, deberán incorporarse ao plan os
controis oportunos que se derivan das cuestións sinaladas no punto 6.1 (control de nidificación de
Circus cyaneus, aves rapaces que aniñan en árbores, outra fauna de interese, etc.).
o No caso concreto do plan de seguimento de avifauna (e no de quirópteros naquelo que resulte
aplicable) teranse en conta as seguintes cuestións:
􀂃 Conterá unha descrición e xustificación da metodoloxía para o seguimento da incidencia
do parque eólico sobre a avifauna, detallando os controis a efectuar e a súa frecuencia,
contemplando a detección do efecto vacío, a caracterización do comportamento das aves
ante os aeroxeradores e a detección de morte por colisión. Metodoloxía para a
estimación de índices de colisión e a súa variación estacional, e do estudo de voo que
caracterice a frecuencia, variación horaria, variación estacional, altura e traxectoria dos
movementos das aves na zona do parque (uso do espazo).
Incluirase unha valoración da posible distorsión nos resultados polo diferente esforzo de
mostraxe, condicións climatolóxicas durante as mostraxes, detectabilidade dos corpos
(polo tamaño, vexetación do contorno, etc) e desaparición de cadáveres por necrófagos,
definindo os factores ou índices de corrección para corrixir as posibles desviacións.
􀂃 Definición cuantitativa e cualitativa de umbrais de risco por colisión e aparición de efecto
vacío, que indiquen a necesidade de adopción de medidas protectoras ou correctoras
específicas, xustificando a súa determinación. Na definición dos umbrais deberán
considerarse as referencias normativas, catálogos ou listas roxas máis actualizadas.
􀂃 Deberán realizarse os estudos previos necesarios para coñecer os efectivos
poboacionais e usos do espazo e do hábitat na zona, as zonas de cría, alimentación ou
campeo, colonias ou refuxios (morcegos), durmidoiros, rutas de paso migratorio,
DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO PARQUE EÓLICO ALBARIÑO I.
PROMOTOR: EUROVENTO, S.L.U.
LOCALIZACIÓN: CONCELLOS DE BAIONA, OIA, TOMIÑO E GONDOMAR (PONTEVEDRA).
Páx. 14 de 21
movementos estacionais ou desprazamentos diarios, todo elo co obxecto de detectar
posibles cambios nestes aspectos producidos pola instalación e presenza do parque
eólico.
􀂃 A periodicidade das visitas de comprobación terá en conta a fenoloxía das especies
sedentarias e migratorias. Con carácter xeral, as visitas para a detección de aves mortas
por colisión terán como mínimo unha periodicidade quincenal en época de paso
migratorio e de dispersión de xuvenís, e mensual o resto do ano co obxecto de diminuir
na medida do posible a perda de cadáveres por acción de animais preeiros. No caso de
que se efectúen experimentos para o cálculo dunha tasa de desaparición de cadáveres
propia para a zona do parque, poderíase axustar a dita frecuencia. Respecto á
metodoloxía, o raio a revisar baixo cada aeroxerador na busca de exemplares mortos por
colisión irá en función do tamaño (diametro de rotor e altura de buxe) do aeroxerador que
se vai instalar. En función do anterior, deberá xustificarse o tempo de revisión por
aeroxerador. En cada visita se revisarán un mínimo de 10 aeroxeradores.
􀂃 Definiranse as medidas protectoras e/ou correctoras a adoptar en función das situacións
de risco que se detecten, entre elas as sinaladas no dito punto 6.1.
􀂃 Describirase o método de rexistro, tratamento e presentación dos datos obtidos,
detallando a periodicidade, estrutura e contido dos informes, que como mínimo incluirán
un apartado introductorio (indicando datas e descrición das campañas efectuadas) outro
cos datos e resultados obtidos e un de valoración, discusión e conclusións finais.
9.3. Informes do programa de vixilancia
Os informes do programa de vixilancia e seguimento ambiental serán presentados polo promotor
perante o órgano substantivo, a quen lle corresponde o seguimento e vixilancia do cumprimento do
condicionado da Declaración conforme o establecido na normativa ambiental. Estes informes deberán
estar asinados polo/s técnico/s responsable/s da súa elaboración, coa supervisión -no seu caso- do
responsable do control do seguimento ambiental.
Un exemplar en soporte dixital de todos os informes deberá ser remitido ao órgano ambiental para a
súa constancia no expediente.
9.3.1. Durante a execución das obras presentarase, con carácter trimestral, un informe de obras co
seguinte contido mínimo:
a) Cronograma de obras actualizado, con todas as actividades, incluíndo as medidas protectoras e
correctoras e indicando, para cada actividade, a porcentaxe de execución respecto ao total. No
cronograma figurará a data de actualización.
b) Resultados do control da calidade das augas, funcionamento da rede de drenaxe e mantemento
do réxime hídrico en zonas húmidas e humedais (seguimento hidrolóxico), seguimento de
avifauna e quirópteros no seu caso, protección de hábitats naturais, humedais e especies
vexetais e animais singulares ou protexidas, tendo en conta todas as cuestións que se derivan
dos puntos 3 e 6 da DIA e incorporando os resultados dos estudos ou campañas
preoperacionais que no seu caso se efectúen.
c) Informe onde se detallen, para aqueles indicadores ambientais que non teñan plans de
seguimento específicos, os resultados dos controis efectuados de acordo co plan de vixilancia
proposto no estudo ambiental e todos aqueles que se deriven desta DIA (indicando datas das
visitas), resultados da aplicación das medidas protectoras e correctoras, incidencias e/ou
DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO PARQUE EÓLICO ALBARIÑO I.
PROMOTOR: EUROVENTO, S.L.U.
LOCALIZACIÓN: CONCELLOS DE BAIONA, OIA, TOMIÑO E GONDOMAR (PONTEVEDRA).
Páx. 15 de 21
imprevistos acontecidos, labores de restauración efectuados, xestión dos residuos de obra, etc.
O informe reflictirá o cumprimento da Declaración en relación a todos os aspectos contemplados
nela.
d) Informe de avance da obra, onde se describa o desenvolvemento dos traballos en relación a
todos os compoñentes do proxecto. Acompañarase de reportaxe fotográfica (con indicación da
data e hora nas fotografías e plano de puntos de toma) e plano en planta, a escala 1:10.000 ou
maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no que se reflicta a situación real das obras e a
porcentaxe de execución de cada actividade.
9.3.2. Ao final das obras, no prazo máximo de dous (2) meses contados desde o remate dos
traballos, o promotor presentará un informe fin de obras que como mínimo inclúa:
a) Informe onde se describa o desenvolvemento dos traballos desde a emisión do último informe
de obras e o estado final do parque tras a finalización destas, xunto cun resumo do seguimento
ambiental efectuado ao longo da fase de obras obras, medidas protectoras e correctoras
adoptadas (tanto as indicadas no estudo ambiental como as derivadas desta DIA), incidencias
ou imprevistos acontecidos e solucións adoptadas, xestión de residuos de obra, etc. Descrición
detallada do estado final da área afectada en relación a todos os aspectos contemplados na
documentación avaliada e no condicionado da Declaración.
b) Reportaxe fotográfica que amose con detalle os aspectos máis salientables da actuación: zonas
nas que se implantaron os aeroxeradores, subestación, torre anemométrica e edificio de control,
estado dos viais, cunetas e drenaxes, gabias do cableado, estado de limpeza da área (en
especial da zona destinada a instalacións de obra), zonas onde se efectuaron medidas
protectoras e correctoras, etc. Nas fotografías indicarase a data e hora, acompañándoas dun
plano de localización.
c) Plano “as built”, a escala 1:10.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no que se
reflicta a situación real de todas as instalacións e infraestruturas do parque, así como as zonas
onde se levaron a cabo medidas protectoras e/ou correctoras. Incluirase unha táboa coas
coordenadas UTM das posicións definitivas dos aeroxeradores.
d) Ficheiros dixitais do plano “as built” coas capas: poligonal do parque, aeroxeradorse e viais de
acceso. O tipo de ficheiros de entrega será ESRI shapefile ou GML (Geographic Markup
Language). O sistema cartográfico de representación deberá ser a proxección conforme
Universal Transversa de Mercator (UTM) e o sistema de referencia xeodésico o European
Datum 1950. O tipo de xeometría será o seguinte: para a capa da poligonal do parque, polígono;
para a capa de aeroxeradores, punto; para a capa de viais de acceso, liña. Os datos xeográficos
subministrados deberán ir acompañados dos seus respectivos metadatos. Os metadatos
axustaranse aos contidos do Núcleo Español de Metadatos (recoméndase empregar o editor de
metadatos CatMDEdit) e se entregarán en formato XML.
9.3.3. Iniciada a fase de explotación do parque, o promotor presentará, con periodicidade semestral
durante os dous primeiros anos de funcionamento e anual os seguintes, un informe en fase de
funcionamento co seguinte contido mínimo:
a) Resultados do plan de seguimento do nivel de ruído (indicando o número de aeroxeradores en
marcha durante a medición), control do funcionamento da rede de drenaxes do parque e
mantemento do réxime hídrico en zonas húmidas e humedais (seguimento hidrolóxico) e, se é o
caso, do seguimento da calidade das augas, conforme se deriva dos puntos 2, 3 e 6 da DIA.
b) Resultados dos plans de seguimento de avifauna, quirópteros e demais fauna, tendo en conta o
que se deriva do punto 6.1 da DIA.
DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO PARQUE EÓLICO ALBARIÑO I.
PROMOTOR: EUROVENTO, S.L.U.
LOCALIZACIÓN: CONCELLOS DE BAIONA, OIA, TOMIÑO E GONDOMAR (PONTEVEDRA).
Páx. 16 de 21
c) Informe, acompañado de reportaxe fotográfica, no que se describan con detalle os resultados do
plan de restauración, indicando os avances e incidencias no proceso de rexeneración da
cuberta vexetal, estado dos viais, cunetas, plataformas de montaxe, gabias do cableado,
contorno da subestación e do edificio de control e aquelas zonas nas que se adoptasen
medidas de protección contra a erosión. Detallaranse os controis ambientais efectuados de
acordo co plan de vixilancia proposto no estudo ambiental e todos aqueles que se deriven desta
DIA, así como a eficacia e evolución de todas as medidas protectoras e correctoras adoptadas.
Nas fotografías indicarase a data e hora, acompañándoas dun plano de localización.
Á vista dos resultados que se obteñan durante os dous primeiros anos de seguimento, ou ben por
solicitude motivada do promotor, poderase revisar, se é o caso, o contido ou a frecuencia dos controis
e informes a realizar en anos posteriores.
9.3.4. Informe previo ao abandono: no prazo de seis (6) meses previos á finalización da
explotación do parque, o promotor remitirá ao órgano substantivo un documento técnico onde se
detallen todas as actuacións previstas para o cumprimento do sinalado no punto 8.6 da DIA,
acompañado dun cronograma estimado dos traballos de desmantelamento e abandono.
9.3.5. Informe posterior ao abandono: no prazo de dous (2) meses contados desde o remate dos
traballos de desmantelamento e abandono do parque, remitirase un informe que conteña a
descrición detallada das actuacións levadas a cabo, con especial mención á xestión dos residuos
procedentes do desmantelamento e á restauración das superficies afectadas. Acompañarase de
reportaxe fotográfica que reflicta o estado final da área, unha vez rematados os labores de
abandono e realizada a oportuna revexetación.
10. OUTRAS CONDICIÓNS
1. O promotor deberá depositar un aval para garantir o cumprimento das medidas correctoras e
responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ao medio ambiente e do custo
de restauración, de acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en
materia ambiental.
Proponse como importe do aval, que será actualizable e deberá fixar o órgano substantivo, a
cantidade de 582.649 euros, dos cales 249.707 € corresponden á fase de obras e 332.942 € á de
desmantelamento e abandono do parque.
2. De acordo co establecido na normativa ambiental, o promotor deberá comunicar a esta Secretaría
Xeral, a través do órgano substantivo, a data de inicio das obras do parque e a de posta en
marcha da instalación.
Xunto coa comunicación de inicio de obras achegarase, para a súa constancia no expediente, a
seguinte documentación:
a) Informe no que se de conta da configuración final do parque en función do exposto no punto 1 da
DIA e das modificacións a que house lugar en cumprimento do punto 6.2.2 ou, se é o caso, de
calquera outro condicionado establecido ao longo desta Declaración.
b) Plano en planta a escala 1:10.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM no que se
reflictan todas as infraestruturas e instalacións proxectadas no parque consonte o punto anterior,
diferenciando claramente os viais preexistentes dos de nova construción e aqueles a
acondicionar e indicando na lenda a lonxitude de cada tipo así como a das gabias do cableado.
Reflictirase asemade a poligonal do parque, os elementos do patrimonio cultural xunto coas súas
áreas de exclusión e cautela, a localización da zona destinada a instalacións de obra e parque de
maquinaria e o punto ou puntos de acceso ao parque. Figurará así mesmo unha táboa coas
DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO PARQUE EÓLICO ALBARIÑO I.
PROMOTOR: EUROVENTO, S.L.U.
LOCALIZACIÓN: CONCELLOS DE BAIONA, OIA, TOMIÑO E GONDOMAR (PONTEVEDRA).
Páx. 17 de 21
coordenadas UTM dos aeroxeradores. Se por razóns de espazo a táboa non pode incluirse no
propio plano, presentarase separadamente.
c) Ficheiros dixitais do plano anterior coas capas: poligonal do parque, aeroxeradorse e viais de
acceso. O tipo de ficheiros de entrega será ESRI shapefile ou GML (Geographic Markup
Language). O sistema cartográfico de representación deberá ser a proxección conforme
Universal Transversa de Mercator (UTM) e o sistema de referencia xeodésico o European Datum
1950. O tipo de xeometría será o seguinte: para a capa da poligonal do parque, polígono; para a
capa de aeroxeradores, punto; para a capa de viais de acceso, liña. Os datos xeográficos
subministrados deberán ir acompañados dos seus respectivos metadatos. Os metadatos
axustaranse aos contidos do Núcleo Español de Metadatos (recoméndase empregar o editor de
metadatos CatMDEdit) e se entregarán en formato XML.
3. Calquera cambio que se pretenda introducir no proxecto respecto do contemplado na presente
DIA deberá elaborarse tendo en conta a variable ambiental, e no caso de que puidera producir
efectos significativos sobre o medio ambiente, deberá ser notificado previamente a esta Secretaría
Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, quen o avaliará e decidirá sobre a súa aceptación,
comunicando no seu caso se procede ou non a modificación da Declaración ou a iniciación dun
novo trámite de avaliación ambiental.
4. O órgano ambiental deberá ser informado, a través do órgano substantivo, de calquera cambio de
titularidade que se produza na instalación.
Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2011
O SECRETARIO XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL
Justo de Benito Basanta
DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO PARQUE EÓLICO ALBARIÑO I.
PROMOTOR: EUROVENTO, S.L.U.
LOCALIZACIÓN: CONCELLOS DE BAIONA, OIA, TOMIÑO E GONDOMAR (PONTEVEDRA).
Páx. 18 de 21
ANEXO I
RESUMO DO PROXECTO E DO MEDIO NATURAL
Na súa configuración final, o proxecto denominado “Parque Eólico Albariño I”, promovido pola
sociedade Eurovento, S.L.U., consiste na execución dun parque eólico nos concellos de Baiona,
Oia, Tomiño e Gondomar (Pontevedra), composto por 11 aeroxeradores e a súa infraestrutura
asociada, que se distribuirán dentro do polígono definido polas coordenadas UTM que se indican no
punto 1 desta Declaración e conforme o reflictido no croquis que acompaña a este anexo.
As características básicas do proxecto son as seguintes:
• Número de aeroxeradores: 11.
• Modelo: Siemens SWT 2.3-82 VS.
• Potencia nominal unitaria: 2.300 kW.
• Potencia total instalada: 25,3 MW.
• Altura de buxe: 80 m.
• Diámetro de rotor: 82,4 m.
• Orzamento: 33.294.244,57 euros.
O proxecto contempla así mesmo a construción dunha subestación transformadora 30/132 kV,
denominada SET Barrantes, cun edificio de control anexo de planta única. Así mesmo, está prevista a
instalación dunha torre anemométrica entre os aeroxeradores AG-5 e AG-6.
A evacuación da enerxía producida efectuarase a través dunha liña eléctrica de alta tensión a 132 kV,
obxecto doutro proxecto, que conectará a subestación do parque coa futura LAT 132 kV Gondomar -
O Rosal, de Unión Fenosa Distribución, S.A.
A obra civil inclúe a apertura duns 3.424 m de viais de acceso e servizo aos aeroxeradores e o
acondicionamento, para o mesmo fin, duns 3.498 m de camiños existentes, cunha anchura de
rodadura de 6 m e dotados de cunetas e drenaxes transversais para recollida e evacuación de augas
pluviais. Así mesmo, escavaranse uns 10.601 m de gabias para soterrar o cableado de media tensión
e de comunicacións que interconectará os aeroxeradores entre sí e estes coa subestación
transformadora e o edificio de control do parque, cuxo trazado discorre paralelo ao viais do parque ou
a pistas ou camiños existentes sempre que resulta posible. A duración estimada da fase de obras é
duns 10 meses.
Segundo se desprende do estudo de impacto ambiental, a vexetación na área de implantación do
parque está composta maiormente por matogueira de toxo e breixo (que en función da topografía do
terreo e do grado de humidade adquire tipoloxía de brexeira seca ou breixeira húmida atlántica de
zonas mornas), e en menor medida por repoboacións forestais de piñeiro e eucalipto en distintos
grados de desenvolvemento, brañas e outra vexetación asociada a medios húmidos, e pasteiros
pioneiros xunto con outra vexetación asociada a substratos rochosos. O arboredo autóctono é
practicamente inexistente na área.
De acordo co informe emitido pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza, a zona onde se
proxecta a instalación non ostenta actualmente ningunha figura autonómica ou estatal de protección
de espazos naturais.
Respecto da afección parcial do proxecto á proposta en estudo de Lugar de Importancia
Comunitaria (LIC) denominado “Serra da Groba”, coa eliminación de 10 aeroxeradores do proxecto
inicial (e as correspondentes infraestruturas asociadas), o parque na súa configuración final non
afecta á dita proposta, tal e como se desprende do derradeiro informe emitido pola citada Dirección
Xeral.
DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO PARQUE EÓLICO ALBARIÑO I.
PROMOTOR: EUROVENTO, S.L.U.
LOCALIZACIÓN: CONCELLOS DE BAIONA, OIA, TOMIÑO E GONDOMAR (PONTEVEDRA).
Páx. 19 de 21
DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO PARQUE EÓLICO ALBARIÑO I.
PROMOTOR: EUROVENTO, S.L.U.
LOCALIZACIÓN: CONCELLOS DE BAIONA, OIA, TOMIÑO E GONDOMAR (PONTEVEDRA).
Páx. 20 de 21
DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO PARQUE EÓLICO ALBARIÑO I.
PROMOTOR: EUROVENTO, S.L.U.
LOCALIZACIÓN: CONCELLOS DE BAIONA, OIA, TOMIÑO E GONDOMAR (PONTEVEDRA).
Páx. 21 de 21
ANEXO II
RESUMO DAS MEDIDAS PROTECTORAS E CORRECTORAS PROPOSTAS NA
DOCUMENTACIÓN AVALIADA
No apartado de medidas protectoras e correctoras do estudo de impacto ambiental inclúense
medidas relativas aos seguintes aspectos:
- Atmosfera.
- Augas.
- Solo.
- Vexetación.
- Fauna.
- Medio perceptual.
- Patrimonio histórico-artístico.
Así mesmo inclúe un plan de vixilancia ambiental e un plan de restauración e revexetación dos
terreos afectados polas obras.
As medidas relativas á protección dos elementos do patrimonio cultural recóllense nos sucesivos
documentos aportados polo promotor a este respecto, que ademais do estudo de impacto ambiental
inclúen os seguintes:
- “Parque Eólico Albariño I. Estudo de Impacto sobre o Patrimonio Cultural. Informe Final”.
- “Parque Eólico Albariño I. Estudo de Impacto sobre o Patrimonio Cultural. Anexo ao Informe
Final”.
Ademais do anterior, cómpre sinalar tamén que en relación coa incidencia visual do parque e os
impactos sobre o patrimonio cultural, os hábitats e outros valores naturais ou sobre a proposta de
espazo protexido “Serra da Groba”, ao longo do trámite ambiental eliminouse completamente o
sector SW do parque, o cal implica a eliminación/minoración destes e outros impactos, ao non
instalar os seguintes 10 aeroxeradores: AG-11, AG-12, AG-13, AG-15, AG-16, AG-17, AG-18, AG-
19, AG-20 e AG-21, así como a torre meteorolóxica Meteo-2, supoñendo así mesmo a non
execución das correspondentes plataformas de montaxe e a supresión de 3.503 m de novos viais,
10.061 m de gabias do cableado e 7.731 m de viais a acondicionar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario