mércores, 21 de decembro de 2011

A REDE NATURA NA GROBA E A VALGA


http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Medio/Rural/considera/completa/Red/Natura/cola/Espana/elpepuespgal/20111221elpgal_8/Tes

 Hai un proxecto de ampliación de Rede Natura novo que inclue á Serra da Groba e os montes da Valga, segundo informou o conselleiro de medio rural.
Non poidemos ver en detalle a dita ampliación, e só sabemos o que publica a prensa hoxe. Neste mapa que publica o xornal El País, podemos ver algo que creemos xa vimos nun anteproxecto feito polo anterior director xeral de Medio Ambiente, e que o que facía era deixar  os espazos que ocupará o pretendido  parque eólico proxectado na Groba  fóra da ampliación da Rede Natura,  e trazar unha liña polos outros espazos libres e a costa de Oia. É dicir, unha auténtica burrada e un insulto á intelixencia.
Polos números que publican as novosa nos xornais, seguimos sendo unha das comunidades que menos protexe e, o que é pior, deixamos espazos sumamente interesantes e valiosos fóra, para que poidan ser ocupados por instalacións industriais de parques eólicos, independentemente dos seus valores naturais e paisaxísticos.
Así, tarde e mal, goberna e ordena calquera.
Xa comentaremos máis polo miúdo  cando teñamos os datos concretos publicados. Si o que vai a ser Rede Natura é o que vemos no mapa que se publica ,xa podemos dicir que esto non é o que a sociedade e o futuro do noso país necesita para preservar os seus valores naturais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario