luns, 2 de xaneiro de 2012

AMEAZA VIVA









Seguen aparecendo reaccións na prensa sobre a publicación da DIA do parque eólico Albariño I da Serra da Groba.
Na nova que Alberto Leyenda publica no xornal el país de hoxe, podemos ver algunhas das contradicións dos conselleiros e dos proxectos tanto da Rede Natura como do Decreto Eólico. Ao remate, non hai protección efectiva da natureza nen do patrimonio galegos. O que si se observa é unha grande especulación e moitas mentiras contadas con sutileza para que non parezan tales.
Despois de tentar ubicar os puntos das coordenadas dos muíños que aparecen na DIA do Albariño I, vemos que hai erros e, o que si se detecta, é un grande impacto sobre zonas da Serra da Groba moi sensibles e posibles afeccións directas a puntos de interese arqueolóxico.
Falaremos desto e de todo o proxecto mañán martes, día 3 de xaneiro, na xuntanza prevista para as 20 h. no local do IEM en Gondomar, na avenida da Feira nº 10, Aula de Cultura Ponte de Rosas.
Hai moito que andar e que loitar aínda. Non o van a ter tan fácil como pensan algúns. Na Serra da Groba hai valores moito máis importantes que valen máis que  todo o diñeiro que poidan producir os parques eólicos. E, tamén, moita xente a que nos importan eses valores,  e que imos a defendelos ata o final.
Resistiremos e loitaremos, con argumentos e coas leis e, o que é máis importante, coa forza da unión da xente que está farta de tanta mentira e tanto roubo do público e do común.
Hai cousas que non se pagan con diñeiro e que temos a obriga de defender,  polo ben dos nosos  herdeiros, e dos nosos devanceiros. A terra,  e o que nela hai,  temos que coidala para deixala en boas condicións para as xeracións futuras. Unha xeración soa, como a nosa, non pode estragar tanto en tan pouco tempo, xustificando o inxustificable nun mal chamado benestar e avance tecnolóxico  demoledor .
NOVAS NA PRENSA
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/nueva/Red/Natura/abre/huecos/parques/eolicos/proyectados/hace/anos/elpepuespgal/20120102elpgal_5/Tes


2 comentarios:

  1. Desconocía estos proyectos, muchas gracias por informar. Estaré atento y dispuesto a movilizarme si fuese necesario. Ánimo!

    ResponderEliminar
  2. Boas,
    son Cesar Ayres, o vogal de conservacion da Asociacion Herpetoloxica Española, gostariame contactar convosco para falar do tema.
    conservacion@herpetologica.org

    ResponderEliminar