xoves, 19 de xaneiro de 2012

CABALOS QUE SE MALVENDEN


Seguen as novas na prensa co tema de fondo dos cabalos salvaxes. Está comprobado que a imposición do microchip non vai a rematar cos problemas e que hai que sentarse a facer un regulamento que teña en conta todas as circunstancias que se poden dar. Si todo o mundo fala das bondades do "traballo" dos cabalos salvaxes facendo de desbrozadores naturais, do seu valor ecolóxico e etnográfico, por que non se escoita a xente que pode aportar ideas e solucións e se elabora un novo decreto que teña en conta os puntos necesarios para acabar cos enfrontamentos entre comuneiros, propietarios e ecoloxístas.
Si de nos dependera, poríamos nun papel unha lista de problemas; noutra ringleira, unha lista de avantaxes, e despois de dialogar coas xentes que saben dos cabalos do monte e a administración, elaborar outra lista de posibles solucións, valorando o como, cando   donde e de que xeito, e os custos.
Seguro que entre todos remataríamos atopando solucións satisfactorias para todos.

NOVAS NA PRENSA
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2012/01/19/productores-equinos-dicen-coste-identificacion-supera-animales/0003_201201D19C8997.htm

Ningún comentario:

Publicar un comentario