domingo, 8 de xaneiro de 2012

CEPOS NON, PERO PUNTUALICEMOS

Atopamos na prensa esta mala nova, e apreciamos, como ben sendo costume ultimamente, moitas interpretacións erroneas ou mal intencionadas. Por elo queremos aclara alguns puntos, dando a nosa humilde opinión, tentando buscar solucións aos problemas sen condenar de antemán a todo o mundo nin tirando polo camiño do medio para non arranxar nada.
A nova completa está neste enlace:
http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2012/01/06/maltrato-animal-xeve/612001.html
Agora , unha analise por partes
Primeira: 
A nova dí:

que identificase a los propietarios de aquellos caballos que portasen cepos, aunque la tarea es bastante complicada debido a la ausencia de "chips" identificativos en aquellos animales que soportan dichos artefactos.
es habitual que estas reses invadan carreteras y otras vías para el tráfico rodado.


Nos dicimos: 
Neste caso, segundo se pode ver na foto, o animal está identificado. Vese claramente  un F e un D. Si se levase acabo o proxecto de identificación que nos propómos, xunto con outras asociacións,  e estivesen as marcas tradicionais rexistradas nunha base de datos pública, ao dispor, en primeiro lugar, das autoridades, é dicir, Seprona, Concellos, Medio Rural e Delegacións do Goberno, entre outras, calqueira que quixese denunciar e dar co propietario deste animal só tería que mandar a foto e o lugar onde foi tomada para dar co propietario. Si algún animal non estivese marcado, inmediatamente habería que proceder a denuncialo e capturalo para ser subastado e marcado preceptivamente.
Si o animal ten un "chip", non poderíamos saber de quen é sen antes capturalo ( se se deixa,  e podemos capturalo sen facerlle dano). Pola contra , se está marcado coas marcas tradicionais e obiglatoriamente rexistradas, só con achegarnos a el para facerlle a foto, bastaría.
Tamén dí unha obviedade que non ven a conto. Calquera animal salvaxe invade as estradas, homes, mulleres e nenos, cans e pitas e , as veces, por desgracia producense accidentes.Si eliminamos os animais salvaxes e todo aquelo susceptible de circular ou cruzar  polas estradas , seguro que rematamos cos accidentes.
Segunda:


La asociación animalista también solicitarán a la nueva conselleira encargada de Medio Rural, Rosa Quintana, que acelere los trámites para identificar a toda la cabaña equina de la comunidad "pues el sistema de identificación exigido, mediante microchip, garantizaría la localización de los responsables de estas prácticas y acusarlos formalmente de estos delitos". De esta forma se podrían separar así de la mayoría de propietarios que crían reses en régimen de semilibertad sin causar daño a los animales con estos artefactos.
Terceira:
Identificar co microchip non vai rematar cos accidentes ( pero si pode acabar cos cabalos salvaxes), nen tampouco cos bárbaros,  que en todas partes hai, que maltratan aos animais ou as persoas. Non mesturemos e busquemos xeitos de evitar accidentes, de acabar cos furtivos e ilegais e de que todo o mundo poida facer compatible usos tradicionais non agresivos, para que os cabalos salvaxes vivan no monte , como sempre vivíron e cumpran a súa función ecolóxica e tradicional sen molestar máis do que sempre fixeron. Son salvaxes, viven ceibes e necesitan comer, e están suxeitos á presión dos home e dos predadores naturais de toda a vida. Axudémos a solucionar problemas e non creemos outros.
E, tamén, acabemos cos ilegais econ todos os que non queiran identificar aos animais, pero non de xeito tal que acabemos tamén cos cabalos.
Identificar, si. Pero con marcas tradicionais rexistradas e públicas.
Ordenamento si. Pero con entendemento e plans específicos por zonas.
Cabalos salvaxes, si. Pero respectando as tradicións e os dereitos de todos.



Ningún comentario:

Publicar un comentario