sábado, 31 de marzo de 2012

IRÓNICA AXUDA PARA O CURRO DE SABUCEDO



La Diputación incluye la ampliación del curro de Sabucedo en el marco de su plan director



http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2012/03/31/diputacion-incluye-ampliacion-curro-sabucedo-marco-plan-director/636878.html
Por un lado axudan e por outro afogan. Claro, nadie estápensando de onde van saír os cabalos que han levar ao curro. Se cadra teñen pensado crialos nunha granxa ou nun cercado e logo baixalos ata o curro como se fosen cabalos ceibos.
Non nos parece mal que se axude ao curro de Sabucedo. Todo o que axude a manter a tradición e a súa pervivencia, cos valores tradicionais que a fan singular, parécenos ben. Agora, convertir o curro nu rodeo, cada vez máis afastadao da nosa realidade tradicional, aínda que vaia seguido por unha morea de público, non nos parece o máis axeitado. Temos,  e teñen os de Sabucedo, un grande valor que hai que conservar e protexer, potenciandoo con axudas e medidas encamiñadas a mellorar as condicións de vida dos cabalos do monte e os seus propietarios. Regular a marcaxe tradicional, controlar o número de exemplares, a súa raza e pureza de sangue, identificar aos propietarios e o número de exemplares que posúen, favorecer a propiedade comunitaria por parte de asociaciósn e comunidades e potenciar as festas dos currros, mantendo a tradición armonizada cos controis sanitarios pertinentes nos días dos curros. Todo eso si axudaría ao mantemento da festa,  e a que o noso cabalo do monte non se convirta,  en pouco tempo,  nun simulacro do que foi mais que xa non é.

Ningún comentario:

Publicar un comentario