martes, 17 de abril de 2012

O PURA RAZA GALEGA DAS CORTES



Onte en Tui estiveron de festa. O san Telmo leva a moitos xinetes e propietarios de cabalos a Tui para ver e mercar exemplares de tódalas razas. Segundo podemos ler na prensa de hoxe, houbo unha exibición de doma de Pura Raza Galega, con moito éxito de público. Agradanos que os nosos cabalos sexan admirados e valorados, mais non podemos esquencer que velos ceibos nos nosos montes é un privilexio que temos os galegos e que non debemos perder. Son compatibles  e, incluso poderíamos dicir, complementarios os dous aspectos da cría dos nosos cabalos de Pura Raza Galega.
Fai falla pois moito sentidiño para que sexamos quen,  entre todos,  de protexer e coidar esta xoia da natureza que posuímos nos nosos montes e nas nosas cortes e picadeiros.
¡ Longa vida aos cabalos de Pura Raza Galega ! nos montes primeiro, e despois nas cortes
A nova na prensa:
http://www.farodevigo.es/comarcas/2012/04/17/equinos-pura-raza-gallega-lucen-tui/641124.html
http://www.lavozdegalicia.es/album/vigo/2012/04/16/san-telmo-equino/01101334594063387228522.htm
                                               

Preferimos estes ceibos
NOVAS NA PRENSA
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2012/04/17/embarcan-54-molinos-parque-eolico-etiopia/0003_201204V17C6991.htm

Ningún comentario:

Publicar un comentario