domingo, 27 de maio de 2012

TESOUROS DA GROBA, O CARABUS GALICIANUS

Carabus (Ctenocarabus) galicianus Gory, 1839
Nombre común: Non existe
Tipo: Arthropoda / Clase: Insecta / Orden: Coleoptera / Familia: Carabidae
Categoría UICN para España: VU B1ab(iii)+2ab(iii)c(iii)
Categoría UICN Mundial: NE


Esta foto foi feita o día 18 de agosto de 2008 no río da Groba, a altura do que aló polo 1753 chamaban río de San Juán ou da Groba, por estar moi próxima a capela, hoxe desaparecida, de san Xoán na parroquia de San Lorenzo de Belesar.
Nunha tarde de moito calor, estabamos a ver como a grande forza da natureza modificara o curso do río, as súas marxes e a vexetación que había. Levabamos dende o outono do 2006, data na que as grandes levadas que viñeron  despois dos incendios do mes de agosto, produciran as inundacións e desfeitas na serra e nas ribeiras dos ríos, analizando e fotografando as desfeitas e vendo as consecuencias que se ían producindo co paso dos meses. Para eso facemos percorridos sistemáticos varias veces ao ano, procurando que sexan alomenos un en cada estación do ano, pois é aí onde se ve como muda a natureza e tódolos os seres vivos e mesmo os minerais presentan outra faciana polo troco de temperaturas, humidades e luz.
No mes de agosto baixa moito o nivel de auga dos acuíferos e polo tanto dos regatos e ríos. As pozas estacionais valeiranse, e só nalguns lugares do río fican pequenas pozas sombrias fondas, nas que se xuntan moitos dos seres vivos que noutras condicións se espallan por todo o curso do río. Chegamos, grazas ao pouco nivel de auga, non sen dificultades pola orografía do propio río neste lugar, a varias pozas e recantos  nos que non estiveramos nunca, vendo que plantas e animais se atopaban. Fotografamos brións fluorescentes, arañas descoñecidas, ras e varios insectos entre o que estaba este, descoñecido para nós, mais que tiña un atractivo que nos chamou a atención pola cor das súas patas e o vivir agochado en zonas moi húmidas. Para ser máis exactos nun brión que estaba enchoupado e polo que ía escorregando a auga paseniñamente.
Sen ser especialista en entomoloxía, sempre nos chamaron a atención os insectos pola súa grande capacidade de adaptación aos distintos medios nos que habitan e, por suposto, as súas formas, cores e corpos tan variados. Fotografamos este escarabello e tentamos velo evoluir no seu medio perante un intre, mentres nos foi posible e nos deixou. Tentamos facerlle unhas fotos e case non chegamos a tempo, pois ao achegar a camara para facerllas ( non temos un bo equipo fotográfico que nos permita usar o zoom) , agochouse entre o brión e non quixemos molestalo.
Foi máis adiante cando dende SOS Groba propuxemonos facer unha exposición fotografica e con uns paneis explicativos dos tesouros que tiñamos na Groba, xa fosen estes naturais ou patrimoniais, cando selecionamos de entre moitas outras que temos, esta foto de este bichiño de patas vermellas que fotografáramos aló no río de San Xoán ou da Groba, no lugar que chaman os de Belesar como a Carabatallada. Esta exposición dos Tesouros da Groba fixémola pública e levámola a tódolos centros educativos  e cuturais que no la demandaron e no propio local do Instituto de Estudos Miñoranos e algún congreso de Comunidades de Montes que se celebrou en Santiago. Tamén a publicamos no noso blog de SOS Groba e na páxina do IEM en PDF,e na páxina do Consello da Cultura Galega que nola pediu para divulgala, http://www.culturagalega.org/imaxes/docs/serra%20da%20groba.pdf ,  para que calquera que queira baixala e facer uso dela a utilice e aproveite.
Foi esta semana pasada cando o compañeiro Afonso González nos enviou un correo dandonos datos de este escarabello que atopou na nosa páxina, " O caso é que me chamou muito a atención esta fotografía que che envío no documento; corresponde a un endemismo galego: Carabus gallicianus
É un escarabello da familia dos carábidos incluído no "Libro Rojo de los Invertebrados de España", e está catalogado como "vulnerable". e do que nos descoñeciamos nome e características. A nosa ledicia foi grande por saber que na serra da Groba tiñamos un grande valor máis,   do que descoñeciamos a súa importancia, aínda que si sabiamos da súa existencia dende agosto do 2008.
Un elo máis nesa grande cadea de valores que se atesouran na Groba e que, as veces, polo seu tamaño ou procedencia son ignorados e descoñecidos do grande publico,e que están en perigo polas intervencións que se están a dar e se proxectan para a serra da Groba e a súa contorna. Todos son importantes e todos forman parte dunha cadea na que hai que protexer o que se ve e o que non se ve, ou non se ve con tanta facilidade. Para eso estamos todos os que tentamos divulgar e pór en valor o conxunto completo de patrimonio naturale cultural da serra da Groba, como neste caso o compañeiro Afonso que tanto sabe e coñece da nosa serra,  e ao que lle agradecemos a súa aportación e dedicación sempre desinteresada pola defensa do noso patrimonio.
Dámoslle a benvida ao Carabus Galicianus, e agardamos que as augas da Groba se conserven limpas e puras para que poida seguir entre nós, vizoso e tranquilo, moitos veráns máis.


DENTIFICACIóN
Especie fácilmente reconocible por su tamaño grande y el contraste entre la coloración dorsal enteramente
negra y el naranja claro de los fémures, así como por la presencia de marcadas costillas en
el dorso del élitro. Para su identificación se pueden consultar las obras de Fuente (1927), Breuning
(1978) y Casale y Kryzhanovskij (2003).
ÁREA DE DISTRIBUCIóN
Elemento endémico de la Península Ibérica, distribuido desde los límites entre Asturias y Galicia
hasta la Sierra de la Estrella en Portugal, incluyendo los Montes de León y las montañas al noroeste de
zamora. Su corología puede ser definida como elemento ibérico galaico-carpetano. En Galicia se halla
desde el nivel del mar a la montaña, habitualmente ligado a cursos fluviales de aguas limpias.
Foto: José Luis Lencina
Carabus (Ctenocarabus) galicianus Gory, 1839
Nombre común: No existe
Tipo: Arthropoda / Clase: Insecta / Orden: Coleoptera / Familia: Carabidae
Categoría UICN para España: VU B1ab(iii)+2ab(iii)c(iii)
Categoría UICN Mundial: NE
135

Ningún comentario:

Publicar un comentario