venres, 15 de xuño de 2012

O CONSELLO DA XUNTA APROBA O DECRETO EQUINO


NOVAS NA PRENSA


http://www.farodevigo.es/galicia/2012/06/15/xunta-obligara-duenos-caballos-mostrencos-suscribir-seguro-civil-danos/657119.html
A RESOLUCIÓN DA XUNTA

 http://www.xunta.es/c/document_library/get_file?folderId=460727&name=DLFE-15402.pdf
__________________________________________________________________________________
 Gabinete de Comunicación
 San Caetano, s/n - 15704 Santiago de Compostela
 Tel.: 981 541 238/42/51 - Fax: 981 541 252/41
 Correo-e: gabinete@xunta.es
 
 
A XUNTA REGULA A IDENTIFICACIÓN E ORDENACIÓN SANITARIA DOS  RIA DOS  S S
CABALOS E A XESTIÓN DOS ÉQUIDOS MOSTRENCOS  
 
O Consello aprobou un decreto do  Medio Rural e   Medio Rural e do  do Mar que axusta á normativa  do do
nacional e comunitaria  o relativo á sanidade animal, á  o relativo á sanidade animal, ás explotacións gande s explotacións gandeiras e a iras e ao  aao o  o
rexistro de movementos deste gando, con especial at atención ao mostrenco  ención ao mostrenco
A norma regula de xeito innovador o réxime de responsabilidade dos danos causados
a particulares polos équidos en liberdade, procurando a convivencia entre os titulares  do a convivencia e
das terras en  que pastan e os gandeiros propietarios dos animais  que pastan e os gandeiros propietarios dos animais  e tamén unha maior  e tamén unha maior
seguridade viaria  
O Consello da Xunta aprobou na súa xuntanza de hoxe un decreto da Consellería do
Medio Rural e do Mar que regula a identificación e ordenación sanitaria dos cabalos e a
xestión dos équidos mostrencos, que serían aqueles  que deambulan en liberdade nos
espazos agrícolas e forestais, núcleos de poboación ou vías de comunicación sen
identificación e sen ter dono coñecido.
Esta norma desenvolve executivamente, de maneira axustada e axeitada á lexislación
estatal e comunitaria, todo o relacionado coa sanidade animal, as explotacións gandeiras
e o rexistro de movementos de gando equino, cunha especial e innovadora regulación
dos mostrencos.
Con este decreto créanse as condicións necesarias para garantir o correcto
desenvolvemento da produción equina en Galicia e procúrase, ao tempo, definir unha
base normativa que estableza as condicións de convivencia entre os propietarios das
terras nas que pastan estes animais e os gandeiros que as usan ou pretenden utilizar, e
tamén unha maior seguridade viaria.
Definicións básicas  
O decreto establece, entre outras, as definicións básicas de titular de explotación
equina, pastos de uso común ou équido mostrenco. Regulamenta tamén a ordenación
sanitaria das explotacións, con atención especial ás condicións sanitarias e de benestar
animal, entre elas, de xeito expreso, o control da non utilización de instrumentos que
limiten a mobilidade dos animais (“trancas” e semellantes).
A norma do Medio Rural e do Mar regula tamén todo o relativo á organización dos
pastos de uso en común e ás obrigas tanto dos propietarios dos animais que os
aproveiten como dos responsables dos pastos. Neste eido destaca a obriga dos donos
dos cabalos mantidos en réxime de semiliberdade de subscribir un seguro civil de danos
fronte a terceiros, para o cal se poderán establecer axudas desde a Xunta.
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario