sábado, 8 de setembro de 2012

UNHA COUSA É FALAR E OUTRA DAR TRIGO

Falou onte Pachi en Gondomar. Non bastan as palabras, e menos en campaña electoral. Hai que demostrar con feitos e proxectos firmes, o que se quere facer, e non vir prometendo o que todos queremos oir mais que non estamos seguros que logo cumpra, el e os demais dos outros partidos. As traxectorias e accións ao longo destes últimos anos é o que conta na defensa do noso patrimonio, e non as promesas feitas nunha campaña que escomeza agora.
De tódolos xeitos, tomámosllle a palabra e o compromiso. Estaremos aí para lembrarllo se chega ao poder.
Mais, xa sabemos o que vale a palabra dun político en campaña, se non lembrade o que dixo Rajoy e o que está a facer.
Fica pois comprometido na defensa dos cabalos do monte e os curros.
NOVAS NA PRENSA

Ningún comentario:

Publicar un comentario