luns, 15 de outubro de 2012

BOAS NOVAS... DE MOMENTO

NOVAS NA PRENSA
http://www.farodevigo.es/galicia/2012/10/13/supremo-anula-adjudicacion-bipartito-24-parques-eolicos-565-megavatios/695637.html

http://www.farodevigo.es/galicia/2012/10/13/sector-preso-sentencias/695638.html
 A espera de confirmar datos, podería ser esta unha moi boa nova que nos de un pouco de "aire fresco" para seguir na loita pola preservación e conservación dos valores patrimoniais e naturais da Serra da Groba. De tódolos xeitos aínda hai que confirmar datos e ver ata que punto nos afecta esta resolución e as súas consecuencias. Tentaremos esta semana aportar datos novos achegándonos a delegación da Consellería  de Industria en Pontevedra para ver directamente os datos e a información máis polo miúdo.
Mentres, parabéns a todos os que estamos nesta loita dende o principio e a toda a xente que ten apoiado de distintos xeitos esta causa. E unha lembranza para os compañeiros/as que xa non están entre nós e sempre estiveron aí na loita. O seu esforzo non foi en van. Témolos presentes niste intre.

Ningún comentario:

Publicar un comentario