martes, 9 de outubro de 2012

CRONICA DUNHA MORTE ANUNCIADA

NOVAS NA PRENSA

http://www.farodevigo.es/comarcas/2012/10/09/venta-masiva-portugal-reduce-23-numero-caballos-groba-ano/693489.html

http://www.farodevigo.es/comarcas/2012/10/09/recurren-decreto-tsxg-descartan-fiscalia-evitar-extincion-diez-anos/693490.html

Xa o vimos dicindo dende hai moito tempo, e agora os feitos , por desgraza, vánnos dando a razón.
Non fai falla ser moi listo nen ter moitos estudo para ver que o Decreto Equino da Xunta é unha ferramenta moi ben artellada para rematar cos cabalos salvaxes galegos, os garranos ou burras do monte, que tanto ben fan nos nosos montes, e que forman parte dunha diversidade biolóxica que se vai facendo máis cativa nas nosas serras e montes,  sen que quen ten que facelo, faga nada bo para melloralo.
A escesiva burocratización do monte non soluciona per se os problemas do mesmo, e sobor de todo deixando de lado aos que son os seus actores principais, ,por cercanía, história e saber ( con defectos como entodo sector) mais imprescindibles e necesarios para calquera solución que se presente cara o futuro, A nova Lei de Montes e o Decreto Equino, son unhas boas mostras de todo o contrario do que se debe facer para que o monte non arda , sexa produtivo e beneficie a toda a poboación galega. Os interese desta Xunta de Galicia presidida por Nuñez Feijoo, o maior mentirán do país, que agocha en reviraboltas e trampas nas contas da Xunta a súa incapacidade e o verdadeiro programa do seu partido, que non é outro que beneficiar aos interese particulares de empresas contra os de toda a comunidade.
Cos garranos estáse a dar a cronica dunha morte anunciada que, por ser estes animais, nalgúns casos, a orixe de acccidentes e incidentes non desexados,- e unha mala prensa intencionada e esaxerada con respecto a outros feitos máis serios e sangrantes-, produce un afastamento social,  e incluso críticas lesivas que non axudan en nada a solución do problema. Habendo solucións que palien os problemas existentes, sempre consensuadas entre as partes ( Comunidades de Montes, Asociacións de Propietarios, veciños, Xunta  e Concellos) a Xunta rechaza o diálogo e impón un decreto que a nadie contenta, e manda aos comisarios políticos a presionar aos veciños para que se allanen e se aveñan a seguir unha norma que supón ir contra dos seus propios intereses e os de todos os galegos, por ser os garranos ou burras do monte un patrimonio galego único en perigo de extinción.
Estamos en periodo electoral,  e todos os partidos políticos presentan os seus programas e as súas promesas, coma sempre. Dende as asociacións de Propietarios de Cabalos do Monte do Val Miñor, véñense celebrando reunións con todos para explicar , unha vez máis, os problemas e as posibles solucións e alternativas ao Decreto Equino en vigor. Agás o PP, todos se están compremento a derogar o Decreto Equino e facer unha norma máis axeitada que realmente protexa aos garranos e axude a evitar os incidentes e accidentes que se poidan dar. Como todos podemos entender, os accidentes son accidentes e na maioría dos casos inevitables. Outra cousa e buscar puntos negros e solucións puntuais en lugares concretos. A identificación non é un problema se se fai o que nos vimos demandando,  e se obriga a todos a ter os animais marcados coas marcas tradicionais, rexistradas en libros oficiais  públicos,   a disposición nos concellos e na páxina webb da concellería conrrespondente e nas base de datos do Seprona e Garda Cívil. Os ilegais  ou que se neguen a marcar aos animais, seran denunciados e os garranos confiscados e vendidos ou donados a asociacións que cumpran as normas e coiden os animais debidamente.
Agardamos solucións e non máis promesas e palabras. De tódolos xeitos, tomámoslle a palabra a aqueles que a estan a dar, incluso por escrito, e agardaremos a despois do día 21 de outubro para lembrarlle o seu compromiso. O noso está na defensa do diálogo e na percura de solucións que contemplen os intereses de todos e, ante todo, supoñan a pervivencia nos nosos montes dos burras do monte ou garranos, que tanto valor teñen, e que non se poderían sustituir unha vez que desaparezan dos nosos montes como está a suceder,  a un ritmo máis rápido do que nos presaxiamos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario