luns, 31 de decembro de 2012

A NATUREZA E O ANO NOVO


Estamos a estragar a natureza que nos rodea. Vivímos de costas aos ecosistemas que nos manteñen vivos e cada día que pasa seguimos a contaminar e estragar as pequenas cousas que están aí, dende hai milleiros de anos, facendo que este mundo no que vivímos sexa tan fermoso e tan complexo.
Neste ano que remata, fagamos balance do que deixamos atrás e tentemos non repetir erros e superar eses atrancos que nós mesmos, as veces, pómos no camiño.  E para os que non están aínda convencidos de que hai que respectar máis a natureza e vivir máis xunguidos a ela que nunca,  moita pedagoxía e moita crítica. Non podemos tolerar máis agresións para o noso medio ambiente e todo o patrimonio , xa sexa natural ou cultural.
Feliz aninovo e que, a poder ser, sexa mellor  que o que  remata.
 
 
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario