sábado, 19 de xaneiro de 2013

LABREGOS NO SÉCULO XXI

NOVAS NA PRENSA

A persecución ao labrego ven de lonxe. Aquí sabemos moito do que a nosa xente ten padecido para subsistir traballando a terra. Agora, no século XXI, na era da globalización, cando máis necesita o campo xente e mans traballadoras para que non se convirta todo en espazos deixados a ermo, os burócratas expremedores do sangue dos paisanos, seguen a pór pexas e trabucos aos vellos resistentes que aínda conservan o saber e a habelencia para tirar da terra partido e froitos. Despois encheráselle a boca aos políticos de frases grandilocuentes en defensa do agro e da necesidade de que non se despoble o rural, por unha banda, e por outra pecharán escolas, centros médicos e liñas de transporte, arguïndo necesidades orzamentarias e equilibrio contable.
Fai falla unha revolución rel que afaste dunha vez por todas a estes samesugas do poder do control dos fíos do estado. Unha revolución das xentes do común que digan non. Que se paren e planten ante tanto roubo e desfachatez e estén dispostos a labrar un futuro novo, con novos xeitos de relación social e de compromiso ético, que abra as portas á espranza nun futuro mellor e máis xusto, construído entre todos e no que non esté permitido o aldraxe e a indecencia.

Artigo no xornal Levante
Agricultura a título parcial
Enrique Moltó
http://www.levante-emv.com/opinion/2013/01/14/agricultura-titulo-parcial/966753.html


Ningún comentario:

Publicar un comentario