xoves, 21 de marzo de 2013

A QUEN DEFENDE O MINISTRO CAÑETE?


  Xa era coñecido o papel que representa o ministro Cañete en varias empresas do sector da alimentación, o turísmo e outros vencellamentos con empresas con intereses no seu propio ministerio. As incompatibilidades parece que non existen para os ministros, nin os conflitos de intereses entre o público e o privado. É vergoñento o papel que esta xente representa sen xiquera disimulalo, defendendo abertamente os intereses de multinacionais e empresas que presionan para que se lexisle e goberne defendendo os negocios  privados e perxudicando os intereses de todos, os públicos.
Este fin de semán pasado poidemos ver nun dos poucos programas que se poden ver nas cadeas de  Televisión que se ven no noso país, na La Sexta no programa Salvados onde se falaba dos lobbies e de quen os representa, e onde saíu o nome varias veces do ministro Cañete e varios lobbies para os que ten traballado.
Non nos estraña pois, esta nova nin outras que xa temos comentado ( a nova lei do litoral da que tamén se fala no video). E mentres,  a maioría da cidadanía segue esperando a que esta caste de políticos nos saque dos apuros e resolva os problemas que temos en tantas frontes. Xa ven sendo hora de que abramos os ollos e defendamos firmemente o público, o que é noso e de todos, e botemos fóra a esta caste de xente que denigra a clase política e ao xénero humano.

http://www.lasexta.com/videos-online/programas/salvados/noticias/pere-habla-lobbies-gobierno_2013031700091.html

NOVAS NA PRENSA



O PP retira ao cangrexo americano a categoría de invasor, desafiuzando á fauna autóctona


http://www.galiciaconfidencial.com/nova/13665.html


Ningún comentario:

Publicar un comentario