venres, 15 de marzo de 2013

DE MINAS E PEXAS


Temos xa aí unha grande invasión de proxectos mineiros,  en lugares de interese natural,  que van a supor a perda de valores medioambientais e paisaxísticos irreparabeis. a Xunta co seu plan da minaría e xustificándose na criación  de postos de traballo, vai a permitir a destrución e contaminación de millerios de hectáreas de montes e lugares de interese natural que, por outra parte, preocupouse intencionadamente  de que non figurasen protexidos na Rede Natura. Agora , aqueles que non acreditaban no que viñamos denunciando moitos, poderán comprender por que  os retrasos na ampliación da Rede Natura, por que ese plan minúsculo que non protexe nada e que a U.E. denuncia ( mais que non vale para a nada a denuncia, pois a Xunta segue adiante coa súa tarefa destrutora) e por que os planos Eólico, do Litoral  e da Minaría teñen vara alta para destruir o que nunca se debería tocar, a non ser para protexelos.
Por outra banda, temos unha  campaña que veñen facendo os de Libera contra o maltrato aos cabalos. Evidentemente nós estamos a favor de que se respecten os animais e non se maltraten,  que se protexan os cabalos salvaxes ou do monte e que se respecte a fauna e a natureza. Mai non concordamos con Libera no seu xeito de traballar nen en moitos dos seus argumentos. No tema dos cabalos do monte non compartimos a necesidade do marcaxe co microchip, pois non vai a solucionar a maioría dos problemas que existen cos cabalos. Si compartimos que nos se pexen con trancas nen  xeitos ou  materiais que lles poidan danar as patas ou polos en perigo. Por eso é moi importante cando se fala dos cabalos do monte, primeiro defender a súa existencia e pervivencia, de xeito que non desaparezan dos nosos montes ( se desaparecen desaparece o problema das trancas e calquera outro que se poida dar ) e despois a organización ou regulamento que os preserve a eles e os dereitos dos propietarios dos montes e dos propios cabalos.
As veces certas campañas volvense contra os intereses que se pretende defender, e por eso é moi interesante o xeito en que se fan e fuxir dos circos mediáticos e dos extremismos.

NOVAS NA PRENSA

A Xunta impulsa outra mina de granito en Melón

Defende que creará "30 postos de traballo" e que "será compatible" co parque eólico da localidade.



http://www.galiciaconfidencial.com/nova/13614.html

A Xunta avanza na mina de granito de Melón (Ourense) e destaca que creará máis de 30 postos de traballo

Asegura que será 'compatible' co parque eólico Deva, que conta con nove aerogeneradores nesta localidade

http://www.laregion.es/noticia/246451/xunta/avanza/mina/granito/melon/(ourense)/destaca/creara/mais/postos/traballo/


Facebook bloquea activistas que denuncian as pexas nos cabalos





http://praza.com/movementos-sociais/3862/facebook-bloquea-activistas-que-denuncian-as-pexas-nos-cabalos/

Ningún comentario:

Publicar un comentario