xoves, 25 de abril de 2013

ASAMBLEA

ASAMBLEA ABERTA DE SOS GROBA
 Este venres, 26 de abril, ás 19.30 h. no local da Comunidade de Montes de Pinzás, en Pinzás no concello de Tomiño, a carón da Chan do Cereixo e da parte leste da serra da Groba, teremos a Asamblea de SOS Groba.
Asamblea aberta a todo o mundo que esté preocupadao e/ou interesado no futuro da Groba.
Os problemas e perigos que están facendo da Groba unha terra que pode mudar drasticamente de fisonomía, xa sexan eólicos, minas e destrución do patrimo nio natural e cultural, necesitan de todos nos para facerlle fronte .
Contamos con que espalledes a convocatoria e que vos sumedes a este evento no que todos temos voz e no que imos reflexionar sobre o futuro da serra e, tamén , do seu presente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario