mércores, 12 de xuño de 2013

A XUNTA MINTE


As cousas claras. A Xunta minte cando di que a obligatoriedade de pór o microchip aos cabalos salvaxes é unha obriga da U.E., e que o Decreto Equino que publicaron no DOG só fai recoller obrigas que veñen de Europa e as excepcións só se poden dar para animais pechados en recintos concretos, maís ou menos extensos ou en illas.
Xa temos explicado polo miudo o noso parecer,  e a necesidade de buscar solucións deixando a un lado discrepancias e pareceres que non axuden a acadar o consenso necesario para salvar un patrimonio que día a día vai desaparecendo .Mais tamén temos que dicir que os nosos argumentos sempre foron para tentar darlle a os nosos cabalos salvaxes unha figura de protección efectiva, partindo da base da súa singularidade que os fai distintos a calquera outro animal do xenero "equs" que viva en liberdade en calqueira lugar do mundo. Baseamonos en datos científicos, en observacións e estudos feitos por xente moi preparada e que adica ou adicou anos ao seu estudo. Hai que desfacer mitos  e certas crenzas interesadas que se foron propagando ao longo dos anos e que, cos coñecementos que temos agora, podemos dicir que non se axustan a verdade. Asemade tamén temos a propia experiencia baseada na recollida de moita información e estudo, en comparación e contrastación de datos ao que lle hai que sumar o feito incustionable de que verdadeiramente é un patrimonio natural e cultural que temos os galegos, con carácteristicas propias e que historicamente foi despreciado e só tratado tanxencialmente cando se tirou partido del con fins alleos a conservación e protección.
Chegados a este punto vemos como,  ao tempo que en Galicia se aproba un Decreto Equino que fai desaparecer os nosos garranos de moitas serras do país e retroceder perigosamente  a súa pobación en outras, no veciño Portugal, os garranos son protexidos, recuperados para os seus montes e propostos como Patrimonio Nacional, cunha candidatura avalada polas máis altas autoridades do país, comezando polo presidente da República, e seguindo por ministros, científicos e profesores das universidades e de centros de investigación máis senlleiros do país .Mercan aos nosos paisanos nos nosos montes exemplares e lévannos para Portugal, deixando paraxes,  nas que antes vivián as nosas "burras", sen exemplar nengún.
Veñen de USA a visitarnos xornalistas e científicos que estudan os cabalos salvaxes e que están a facer un traballo de investigación extraordinario sobre os cabalos salvaxes no mundo, e sorprendense do patrimonio que temos pola súa singularidade natural e polas súas características etnográficas. As nosas "burras do monte" son únicas na súa etoloxía e na súa morfoloxía. O seu xeito de vivir e a interación co home aínda os sorprende maís pola diversidade ao comparar  o norte do pais e centro co sur, e nomeadamente a serra da Groba cos curros singulares  distintos aos de Sabucedo, Viveiro, A Capelada etc.
Os xornais de toda Europa recollen as novas e non dan creto ao que sucede cando se enteran de que nos estamos desfacendo de este patrimonio,  e de que as autoridades están a velas vir,  agardando que desapareza de todo para logo crear reservas que xustifiquen a desfeita con programas de recuperación, no canto de pór os medios agora antes de que sexa tarde. http://metro.co.uk/2013/06/10/shearing-of-the-beasts-horse-festival-in-north-western-spain-3835256/
No Reino Unido vemos como lexislan para protexer o seu patrimonio cabalar salvaxe, tendo en conta os mesmos argumentos que os propietarios de cabalos salvaxes de Galicia e as organizacións lle vimos dando á Xunta, e que non foron -nin son - tidos en conta. Despois de tentar dialogar e negociar un novo regulamento específico, e ante a negativa da Xunta cos argumentos da obligatoriedade de U.E., tivemos que ir pola vía xudicial con un recurso ante o tribunal Superior de Xustiza de Galicia que está pendente de resolución. Aí declaramos o mesmo que vimos dicindo dende sempre e que como se nos fose copiado, hoxe podemos ver nesta norma Inglesa a excepción para os seus cabalos salvaxes e semisalvaxes:

2009 No. 1611
ANIMALS, ENGLAND
The Horse Passports Regulations 2009
Made - - - - 30th June 2009
Laid before Parliament 6th July 2009
Coming into force - - 1st August 2009

Polo tanto, a Xunta minte e o que é pior, non está a facer nada por propia iniciativa para solucionar este grave problema.


A sociedade civil seguiremos a demandarlle solucións e a denunciar os seus erros, xa que o diálogo que sempre propomos, parece que non o queren.



Ningún comentario:

Publicar un comentario