CURRO DA VALGA 15 DE AGOSTO DE 2013
Sentimos que algo moi importante se estaba a perder - e non fomos os únicos- cando vimos como un a un, os exemplares de equs ferus atlanticus eran tratados como gando, como simples cabalos domesticos, e se lles metía un chip que non vai a solucvionar nada, pero que polo de pronto, xa ocasionou moitos máis problemas dos que pretende resolver.
O curro xa non foi curro. Había burras do monte. Foron encabestradas e guiadas para o curro dos poldros onde un só veterinario foi inxectando debaixo das crinas do pescozo o famoso microchip. Un tramite moito máis lento que o que normalamente se fai, ao ter que esperar a quenda para ir sacando cada propietario as súas burras, segundo unha orde escrita.
Agora na Valga pastan ceibos uns animais que teñen menos de salvaxes que hai uns días e van a facer o mesmo que sempre fixeron, só que desta vez o seu hipotético custo e maior que antes , pois alguén terá que pagar o cusot do microchip e do veterinario. Quen o pagou na Valga?. Canto custou a cada propietario? Canto vai custar no futuro? Eso non conseguimos sabelo, aínda que preguntamos a varios propietarios, que non moi contentos, foron contestando cada un ao seu xeito se aclaranos nada. Pode ser que eles mesmos non o tiveran claro. Haberá que seguir investigando.
Deixamos o curro a hora do xantar. Non nos pedía o corpo seguir vendo como unha tradición milenaria se estaba a converte nun acto gandeiro común, que estaba a botar por terra un grande patrimonio, que moitos aínda non saben ver, e polo que se aprecia, nin valorar.
Seguiremos loitando e traballando para que non se perda de todo nos outros curros da Groba e do Galiñeiro nos que non se deixaron enganar polos caciques de turno.
Ningún comentario:
Publicar un comentario