xoves, 12 de setembro de 2013

OS CROMOSOMAS X Y EN NEGRIÑA DOS GALEGOS

OS CROMOSOMAS X Y EN NEGRIÑA DOS GALEGOS

Arde o monte Pindo, arde Galicia aos cachos. Parecera que non importara a ninguén que parte importante do noso patrimonio fose queimada impunemente aos poucos, con nocturnidade e alevosía e sen que se atope solución para parar esta traxedia . A historia repitese teimudamente,  e seguimos a ser portada das páxinas de sucesos, de sucesos graves que a cidadanía vai asumindo como imposibles de parar, como si foran parte de nós e da nosa vida cotián. Parte dunha historia feita de traxedias que se asumen e se dan por normais nun pobo que esta afeito a que no noso ADN como pobo haxa un  cromosoma específico que nos predispón a esta especie de fagocitismo tráxico do medio natural, xa sexa por medio do lume, as máquinas excavadoras ou o formigón, que tanto lle ten que se queime unha fraga, se formigone o adro dunha igrexa, ou se encha de sulfatos, cianuros e lodos as rías, ríos  e os encoros, se parafuse unha montaña ou se urbanicen os cumes das serras e se enchan de xigantes de aceiro e latón.
Mareas negras de piche e cinza. Tanto ten. O negro está no cromosoma ise do malfado galego. "Xa estan afeitos, malpocadiños que naceron con esa eiva", dirán dende fóra. Haberá que darlle unha volta a historia e a antropoloxía e, igual que fan os  negacionistas do Triparti dos USA, dicir que en Galicia hai moitas hermidas e romerías  nos cumes dos montes por que os galegos temos un cromosoma de máis, X ou Y,  en negriña que nos fai tolerar o lume e o piche como nengún outro pobo,  e peregrinamos polos montes e as serras, de vivos e de mortos, para que a negrura non sexa impedimento para facer a vida que facemos e, con laios e sin eles, sigamos a celebrar enchentas de bandullos en festas gatronómicas mentres perdemos o mellor que temos como pobo, a natureza e a lingua.
Non, o lume non é unha traxedia para os galegos. É algo cosustancial a nós e necesitamolo para depurar esa exuberancia que nos foi dada, de mares, ríos e fragas cheos de azul e verde. Temos demais e hai que depurar as cores da paisaxe para equilibrar. Como antigamente dicían os mariñeiros, "o mar non ten fin e nunca se acaba", agora tamén dicimolo mesmo do monte,  "deixao arder que nunca se acaba, hai moito monte e moita fera agochada na maleza". Só se ardera a catedral de Santiago dirían que foi unha maldición de deus e unha gran perda. Se arde o Pindo, A Groba ou os Ancares, que máis ten. Hai moito monte e moita fera agochada que fai mal. Deixalo arder que logo ha volver a medrar a herba.
Cando hoxe escoito a radio e vexo a prensa, xa non sei si sera que alguén quere escribir unha nova historia para o noso pobo, facendonos tragar con algunha teoría negacionísta máis, ou é que somos verdadeiramente parvos. 
Despois do primeiro cabreo, a razón lévame a pensar máis en que non e cuestión de cromososas en negriña, se non máis ben de tripartis autónomos que buscan negar a nosa realidade e converternos en súbditos calados e sumisos. Aproveitarse das nosas materias primas e acabar coa nosa autonomía, facéndonos dependentes e subsudiados. Dánse moitas casualidades xuntas para creer outra cousa.
Agora, hai remedio?. Coido que si. Está nas nosas mans,  aínda que algúns non o saiban ou o crean.
Xa é hora de comezar co exorcismo que remate co malfado. E somos nós, os galegos os que temos que facelo, se non nalgún intre o lume e o piche acabará con  nós e non valerán de nada as peregrinaxes nis as romerías.

NOVAS NA PRENSA HOXE

El monte Pinto, pasto de las llamas

El fuego ha arrasado ya un millar de hectáreas. Continúan activos con nivel 1 los focos de A Fonsagrada y Negreira


El Juzgado investiga la actuación de Patrimonio en la iglesia de Guillade

La juez cita a declarar al exalcalde, José Castro, y a la arquitecta municipal - El párroco justificó en el juzgado que había levantado el torreiro con permiso verbal del exregidor

Expertos debatirán en Gondomar usos para rentabilizar el monte alternativos al forestal

Estudos Miñoranos organiza el curso, de la Universidad Internacional Menéndez Pelayo, del 3 al 5 de octubre - Nuevos cultivos, espacios lúdicos y ganadería, entre las opciones propuestas

La juez imputa a un pastor de 74 años por el fuego que arrasó 1.850 hectáreas en Oia y O Rosal

El acusado defendió su inocencia y quedó libre con cargos tras declarar cuatro horas - Se le acusa de un delito de incendio con peligro para la integridad de personas - Declaraciones de sus vecinos decidieron su imputación

La investigación concluye que el detenido de Oia pretendía regenerar pastos

El hombre estaba molesto por el exceso de maleza, se había interesado por los horarios de las brigadas

La mujer acusada de causar trece fuegos en As Neves ingresa en prisión

La Guardia Civil detiene a un lalinense, tras interceptarlo un brigadista, que prendió un monte de la Red Natura en veinte sitios


Ningún comentario:

Publicar un comentario