luns, 25 de novembro de 2013

REUNIÓN DE CONTRAMINACCIÓN COS PARTIDOS POLÍTICOS


Propostas de ContraMINAcción aos partidos políticos. Novembro 2013

PROPOSTAS DE CONTRAMINACCIÓN AOS PARTIDOS POLÍTICOS

A Plataforma cidadá ContraMINAcción fai as seguintes propostas aos
representantes dos partidos políticos, desexando que as incorporen en
sucesivos programas electorais e que, neste momento xa, promovan e
presenten iniciativas parlamentarias con vías ao seu cumprimento:
1. Protexer a saúde humana e os seus sistemas de vida: auga, aire e solos, por
enriba de calquera proposta de actividade económica.
2. Establecer por lei a prioridade dos usos alimentarios da terra e as augas sobre
calquera outro uso. Non se contemplará a excepcionalidade a esta prioridade en
ningún artigo, apartado ou anexo de ningunha lei.
3. Establecer un mínimo de territorio reservado para usos alimentarios, e blindalo
de maneira legal, sen excepcionalidades.
4. Estimular desde os poderes públicos mediante políticas deseñadas a ese efecto,
os usos sustentables da pesca, o marisqueo, a gandería, a agricultura e a
silvicultura no territorio galego. Evitarase, nesta liña, o fomento de actividades
pesqueiras ou marisqueiras que non permitan as recuperación das poboacións, os
monocultivos enerxéticos e transxénicos, así como as plantacións forestais
masivas con especies alóctonas ou pouco axeitadas á zona e que supoñan un
risco de incendio.
5. Prohibición de novos proxectos mineiros en Galiza e revisión dos
cumprimentos estritos da normativa ambiental e de uso do solo para os xa
existentes.
6. Prohibición do uso do cianuro na minaría. O seu efecto tóxico para os
ecosistemas acuáticos e terrestres, para os seres humanos e os seus animais
domésticos e para os cultivos mariños está amplamente documentado e
demostrado.
7. Prohibición do uso do fracking polos seus impactos sobre a auga, sobre a
estabilidade das rochas de dos elementos que estas conteñen e sobre a actividade
sísmica.
1 Enderezo de contacto: contraminaccion@gmail.com
Propostas de ContraMINAcción aos partidos políticos. Novembro 2013
8. Rexeitamento do PSAEG e realización dun novo que teña en conta as premisas
anteriormente citadas como punto de partida.
9. Incluír, xunto coa restauración do entorno, plans de restauración social nos
proxectos mineiros en activo.
10.Vixilancia especial e moi estrita das actividades de extracción de recursos de orixe
xeolóxica, tanto as relacionadas con minerais metálicos e non metálicos como
coas rochas e de todas aquelas obras públicas ou privadas que supoñan un
impacto grave ao territorio e ás persoas que o habitan.
11. Revisión e modificación das Leis con normativa mineira para que se adecúen ao
proposto anteriormente. Por exemplo: na Lei do solo habería que eliminar os
artigos que consideran a minaría uso autorizable en determinados solos de
protección.
12.Retirar as subvencións, incentivos económicos e outras medidas de fomento
aos proxectos mineiros. Na investigación debería prevalecer o financiamento a
aquela que se dirixa a un uso sustentábel dos recursos renovábeis, redución dos
requirimentos materiais da economía, e á reutilización e reciclaxe dos mesmos.
13.Para todo tipo de oferta de financiamento e proposta de proxecto de explotaciónprodución
ou de obra pública ou privada que afecta a unha comunidade
débense ampliar os prazos de solicitude de información e facilitar o acceso a
esta, coa exposición dixital e posibilidade de descarga na web. No caso das áreas
afectadas, as persoas deberán ser informadas directamente, ter a información ben
visible e será difundida tamén en xornais de grande tirada e disporán un técnico
especialista para atender as dúbidas dos veciños durante todo o proceso de
exposición e alegacións.

En Compostela, a 22 de novembro de 2013
2 Enderezo de contacto: contraminaccion@gmail.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario