venres, 13 de decembro de 2013

XORNADA EN RÁBADE SOBRE O CABALO SALVAXE EN GALICIA

Aí estaremos para pór o noso grau de area, acompañando aos amigos da Asociación de Propietarios de cabalos dos Montes da Groba.
Agardamos que as conclusións que saian desta xoranda axuden a que non desaparezan dos nosos montes os curros e os nosos garranos.
Aí vai para que lle interese o programa da mañán:

O CABALO SALVAXE EN GALICIA
21 de decembro de 2013
Casa das Insuas (Rábade)



PROGRAMA



10:30 Ecoloxía do poni salvaxe de Galicia: organización social, reprodución e depredación.
Laura Lagos

11:00 Importancia do cabalo salvaxe na conservación das matogueiras.
Jaime Fagundez

11:30 O papel do cabalo salvaxe na redución da biomasa forestal e o risco de incendio.
Rosa Mosquera

12:00 O cabalo salvaxe como presa clave do lobo.
Luis Llaneza

12:30 Pausa- café

13:00 ¿Qué son os cabalos salvaxes de Galicia?
Felipe Bárcena

13:30 Manexo tradicional do cabalo de monte en Galicia /  Implicacións da nova lexislación sobre équidos.
Javier Álvarez Blazquez / Modesto Domínguez Roda
Antón Vazquez


14:15 Proxección do vídeo: “Where the beasts still roam”  de Simon Goodall
Pola tarde haberá mesas de traballo para pór en común experiencias e ideas, nas que levaremos as nosas aportacións e experiencias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario