venres, 6 de febreiro de 2015

OS MORTOS DAS NOSAS ESTRADAS

CONDADO PARADANTA

La irrupción de caballos en la A-52 reaviva las protestas contra la inseguridad en el vial

Un equino provocó un nuevo accidente en A Cañiza tras encontrarse un conductor una manada de reses dentro de la autovía junto a la salida del túnel de O Folgoso


http://www.farodevigo.es/comarcas/2015/02/06/irrupcion-caballos-52-reaviva-protestas/1178949.html
Nunha autovía suponse que ten que estar o acceso valado. As saídas, como é neste caso, tamen o deberían estar, dado que si é unha zona de gando ceibo e animais salvaxes, o normal é que nalgun intre transiten pola vía sen non está cercada.
Lamentamos os accidentes,  e mais se son con cabalos, pois son o "parente pobre" da nosa fauna e cabana . Están sendo atacados por tódalas frontes e de seguir así, extinguiránse en liberdade nos nosos montes, co que eso siñifica de perda de biodiversidade .
Hai medios para tentar evitar estes accidentes. Valar  as zonas de paso, pór sinais, limitar as velocidades nas mesmas zonas, pastores eléctricos, sensores acusticos, etc  Algo haberá que facer para mellorar a seguridade, evitar accidentes e conservar a nosa fauna, por que os xabaríns, corzos, raposas, cervos, lobos, teixos, ourizos cachos, lebres, lontras, cans,, vacas,  tamén morren nas nosas estradas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario