luns, 1 de febreiro de 2016

DÍA DOS HUMEDAIS NA GROBA


Este pasado domingo día 31 de xaneiro participamos nunha andaina interpretativa dos humedais da Groba da man do compañeior e amigo Afonso Rodriguez, do colectivo Matogueira.
Este ano decidiron facer esta andaina pola Groba para reivindicar os seus humedais, e a importancia que teñen no desenrolo de multitude de organismos animais e vexetais. A grande diversidade que podemos atopar nas carrasqueiras húmedas, nas pozas e lagoas estacionais e perennes, nos regatos e regueiras e sobor de todo nas turbeiras da Groba, supoñen un dos valores máis importantes e máis descoñecidos da biodiversidade da Groba.
Nunha mañán gris, con poalla e choiva, unhas sesenta persoas de tódalas idades, sen medo ao tempo encetamos unha xeira moi instructiva que nos levou dende a Chan da Lagoa ata A Poza Negra e logo, en coche, ata A Valga, onde a carón do Curro comezamos a segunda parte da andaina, vendo parte dos humedais que alí se poden atopar.
Grazas as  persoas e colectivos participantes por asistir,  e grazas por lembrarse da Groba para conmemorar este "Día Mundial dos Humedais", É moi importante estar aí denunciando as desfeitas conscientes e inconscientes,   e promovendo estes valores entre a xente que os descoñece.
Grazas a Afonso e aos amigos do Colectivo Matogueira e a Asociación Galega para a Conservación da Biodiversidade por achegarse á Groba e traer a tantos amigos da nosa natureza.



Ningún comentario:

Publicar un comentario