luns, 27 de xuño de 2016

CURRO DE SAN CIBRÁN 26 XUÑO 2016






CURRO DE SAN CIBRÁN. ONTE FOI UN MAL DÍA
Onte foi un mal día.
Curro de San Cibrán. Moita xente e boa romería, como diría calquera dono dunha taberna. Poucas burras e moitos burros , poderíamos dicir.
Despois dunha mañá de moito traballo facendo o cordón polo monte adiante, foron moitas as burras que escaparon e , despois de xuntalas e levalas ata perto da parada, volveron para atrás e non houbo xeito de detelas e reconducilas.
Chegaron a entrar na parada 36 burras e 10 poldros. Moito cabreo na xente e nos propietarios que , cheos de suor e cansos de ir e volver por riba das toxeiras, só foron quen de meter no curro ese número cativo de animais.
Mentres, alleos ao cabreo das xentes que manteñen viva esta tradición, arredor do curro , moita xente e bo ambente. Foi un dia espectacuar de romería gastronómica e cabalar. Moitos xinetes e cabalos de tódalas estampas e andares. Postos de vendas e tabernas para comer e beber.
Algo falla cando non somos quen de conxugar as dúas actividades, a da festa e a do traballo de xuntar as burras.
A nosa voz de alento para aqueles que onte estaban frustados e tanto traballaron para meter ás burras no curro, aínda que non o conseguiran. Aprender dos erros, e mellorar para o ano que ben.
O futuro é noso, aínda que non o pareza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario