martes, 6 de xuño de 2017

O CURRO DE TORROÑA










O pasado domingo fumos ao curro de Torroña. Levamos unha boa impresión pola mañán  ó ver que entraron moitos garranos ó recinto do curro grande, onde se poideron ver as clasicas esceas de persecución para agarrar os poldros e marcalos coas tixeiras para poder , logo pola tarde, identificalos entre unha man chea de patas que non paran de brincar.
Xa pola tarde, ás cinco,  comezou a entrada no curro pequeno para como tódoslos anos repetir as tarefas programadas de primeiro  apartar os poldros para o seu  curro, e despois  sacar os garañóns,  as bestas preñadas e a continuacíón a heito. Sempre coa singualridade dos curros do Val de Miñor, de non  sacar animais a man. Hai que usar a vara de encabestrar ou gaxada e o cabestro ou cabezada que con moita habilidade hai que ser quen de colocar entre as orellas e a parte de baixo da boca.
Pouco a pouco foronse sucedendo as batallas entre homes e bestas e unha a unha foron pasando pola correspondente sesión de desparasitación e corta das crins. Tamén poidemos observar que a pesares da ledicia de ver moitos animais entrar pola mañán no  curro, non nos gustou tanto ver como o curro das vendas se ía enchendo, sinal de que hai moita xente que tenta desprenderse dos animais que, na maioría dos casos,  levan mantendo no monte dende hai moitos anos, seguindo cunha tradición familiar que se vai perdendo.
Imos a seguir atentos a ver que pasa nos curros que van a seguir nas próximas semanas, xa en  Mougás o domingo que ven. Agardemos que non se repita a venda para fóra de moitos animais e se vexa unha festa tan boa coma a deste domingo. Ao remate do verán faremos contas de como foi a tempada de curros na Groba e o Galiñeiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario