mércores, 6 de setembro de 2017

NON AO CAMPO DE GOLF NAS COSTEIRAS EN BAREDO, BAIONA


CAMPO DE GOLF EN BAREDO
NON
. A natureza,  o patrimonio natural e a auga non se venden.
. O monte comunal é de tódolos veciños  e non duns poucos para uso privado.
.  Temos o dereito de aproveitalo pero  non de estragalo.
. Non podemos deixar de herdanza ás xeracións futuras menos terra e máis contaminada.
. A saúde nin se compra nin se vende.
. Centos  de toneladas ao ano de fertilizantes e insecticidas que contaminan as augas e o ar  que van provocando enfermidades pouco a pouco sen decatármonos.
. Si estás de acordo asina unha alegación e manifesta a túa repulsa ante o concello.
CAMPO DE GOLF
NON

POR QUE NON QUEREMOS UN  CAMPO DE GOLF EN BAREDO

. Porque vai supor a desaparición dunha parte moi importante do patrimonio que herdamos dos nosos antepasados, que é o monte, e do que somos usufructuarios e os nosos herdeiros xa non o terán.
. Porque non é unha necesidade que veña a solucionar nengún problema da parroquia.
.Por que suporá máis atrancos e problemas que solucións.
. Porque nos contaminará as fontes e as augas.
. Porque suporá un consumo de auga dos nacentes que non son suficientes aínda que constrúan balsas, deixando aos veciños sen auga.
. Porque supón uns custos de diñeiro público, de todo o concello,  que non se ve compensando cos supostos beneficios, que en todo caso sería para uns poucos  e pagando polo servicio.
. Porque un concello como Baiona cun orzamento de 8,5 millóns de €, non pode promover unha obra que custa 14 millóns e da que non está seguro de onde van saír, e sobre todo tendo outras necesidades nas parroquias sen resolver.
. Porque as concesións de obras públicas a empresas privadas en Baiona só teñen deixado perdas que pagamos todos (Aparcamento da Palma e do Aral), Esta sería unha máis a costa do patrimonio de tódolos veciños de Baredo.
. Porque os veciños de Baredo veñen historicamente sufrindo e cargando con todo o peor, escombreira  vella, depuradora, etc e agora campo de golf.
-.Porque suporá a destrucción dunha paisaxe senlleira na que viven as burras do monte que van a o curro de Mougás, e que se verán privadas dunha gran área onde comen, sendo así empurradas a baixar as veigas e campos dos veciños, aumentando a conflictividade.
. Porque o interese público que se di no proxecto non é tal, dado que as instalacións públicas deportivas que o xustificarían non son necesarias nesa zona e non serían sustentables polos custos materiais e ecolóxicos, nen serían  prácticas a maior parte do ano polo vento, frío , calor e distancia dos núcleos de poboación.
.Porque  non axudaría  ao turismo nin a desestacionalizalo porque no inverno, os ventos do mare o propio clima non o farían atractivo nin práctico.
. Porque os campos de golf da provincia de Pontevedra son todos defecitarios,  e os clubes privados deportivos máis próximos están todos con problemas economicos e de número de socios ( Nautico, Mercantil, Monterreal, Domaio, etc).
. Porque as instalacións hipicas e curro non son necesarias e suporían  unha competencia con as xa existentes pagadas con diñeiro público para uso privado.
. Porque o curro de Mougás está a un quilometro do que sería un novo curro que por outra parte, deixaría sen terreo para vivir ás burras que hoxe viven neses 600.000 m2 que ocuparía o recinto.
. Porque cortaría o paso por camiños de uso público que dan acceso a distintas partes do monte e os posibles desvíos serían por outro concello si este o permitira.

Google Maps.html



Ningún comentario:

Publicar un comentario