domingo, 20 de xaneiro de 2019

SALVAXÍSMO E BARBARIE

Nos montes de Viladesuso, concello de Oia, na manga que os gandeiros de vacas teñen para sanear o gado , apareceron catro garranos mortos e cinco feridos en mal estado. Só unha mente enferma e sin nengún tipo de sensibilidade poido ser o responsable diste suceso cruel.
Queremos facer chegar  ós propietarios e a Asociación dos Curros da Groba a nosa solidaridade e o noso apoio nestes intres difíciles. Sabemos dos seus esforzos por manter estes animais vivos e no mellor estado na serra da Groba, dos custes e traballos e dos disgustos que lles traen cada ano sucesos coma iste que non responden a nada máis que a unha lóxica que xa críamos doutros tempos, e que xa non ten cabida no século XXI.
Nós defendemos un monte multifuncional,  no que caben todos, ben estruturado e organizado, compartindo un medio que sempre foi múltiple e variado e no que sempre houbo sitio para todos, vacas, burras, cabras ...
Estes sucesos só botan lixo sobre a xente que se está a esforzar por que o monte siga vivo e manteña os usos tradicionais. A man asesina duns tingue de culpa a moitos inocentes que, seguro non saben onde meter a carraxe. Sabemos dos problemas que hai no monte, das pretensións duns e de outros, e de o que cada quen está pondo da súa parte para solucionar os problemas. Os que con este xesto tentaron tirar algún proveito, algo... que saiban que non o conseguiron,  e que o único que fixeron foi descalificar calqueira  pretensión por moi razoable que na súa orixe fora. Agardemos que se atopen os culpabeis e que paguen caro o seu horrible acto de barbarie. Por parte dos donos das burras, só pedimos paciencia e a nosa solidaridade. Non van conseguir que as burras desaparezan da Groba.




Ningún comentario:

Publicar un comentario