Iremos publicando todas as que recibamos e, no seu intre, tamén falaremos das que non recibimos.
Facer notar que as notas que publicamos son as mesmas que nos envián, ou que saen na prensa, o que non quere dicir que compartamos as opinión nelas verquidas. As nosas opinións ou comunicados de calquera das plataformas serán debidamente diferenciados.
Recibidos:
MANIFESTO MIÑOR
Fonte:https://valminortv.com/2020/05/28/manifesto-minor-leva-a-pleno-a-ameaza-dos-parques-eolicos-na-groba-e-no-galineiro/
Atendendo ao chamado das Plataformas da Serra do Galiñeiro e da Serra da Groba, “e por seren loitas que forman parte do ADN de Manifesto Miñor, e por dignidade democrática”, Antonio Araújo vén de presentar unha moción ao pleno da Corporación Municipal de Gondomar, que posiblemente se celebre o xoves da semana que vén, sobre a posible instalación de Parques Eólicos nestas dúas serras. “O Goberno da Xunta debe saber que con confinamento ou sen el no Val Miñor non tragamos”.
Segundo a Orde da Consellaría de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia de 5 de maio de 2020, na devandita Orde inclúense a tramitación de diferentes proxectos ao longo do País, a cal máis agresivo co Medio Ambiente, e mesmo directamente contra a saúde das persoas: vertedoiros, plantas de xestión de residuos, subestacións eléctricas, liñas de alta tensión, factorías que emiten gases de efecto invernadoiro e, Parques Eólicos, entres os que están os das Serras da Groba e do Galiñeiro.
Para Araújo, trátase de proxectos altamente nocivos que xeran un grande rexeitamento social, como se ten visto con respecto a algúns deles ao longo dos últimos anos polo seu forte impacto ambiental, pero tamén social e económico.
“Resulta unha burla á cidadanía, inconcebible nun sistema democrático minimamente normalizado, que a tramitación deste tipo de proxectos se realice xusto nun momento de confinamento social derivado por un Estado de Alarma, limitando a resposta cidadá e facilitándolle os trámites ás empresas privadas. Resulta cando menos irregular, e por suposto inadmisible, que este tipo de tramitacións se poidan producir sen as garantías previstas na Lei”, critica Araújo.
Dende o Grupo Municipal de Manifesto Miñor-En Marea afirman que son partidarios das enerxías renovables e a eólica probablemente sexa unha das máis alcanzables, “pero así non”. “É necesario outro modelo onde as comunidades veciñais, ou a propia sociedade a través dos órganos que nos representan, participen destes proxectos, obtendo beneficios aqueles lugares onde se implanten, e por suposto respectando o patrimonio natural, paisaxístico, cultural, a auga… Un modelo non especulativo onde os beneficios dos accionistas das grandes empresas non sexa o único obxectivo”.
A moción propón ao Pleno da Corporación Municipal rexeitar a proposta de Parques Eólicos nas Serras da Groba e do Galiñeiro que fai a Xunta de Galicia a través da devandita Orde da Consellaría de Economía, Emprego e Industria de 5 de maio de 2020, “polos motivos expostos e outros que sen dúbida existirán con maior fundamento”. Así mesmo, comunicarlle este acordo á citada Consellaría e aos colectivos ambientais e culturais da comarca, “que levan anos loitando contra esta aberración e volveron dar a voz de alarma”.
COMUNIDADO DE PODEMOS BAIONA
Fonte: Caixa de correo SOS Groba
Comunicado de Podemos Baiona en resposta a ONG SOS Groba.
O día 27 de Maio, vimos o comunicado de SOS Groba (nas rrss). Despois de léelo
chegamos ás seguintes conclusións:
1. Condenamos que neste momento, cando a sociedade civil mostra unha grande
capacidade de resistencia e solidariedade, a Xunta de Galicia aproveite para sacar
adiante diferentes proxectos como os parques eólicos das serras da Groba e do
Galiñeiro, nun momento no que o tecido asociativo e a sociedade civil e os cidadáns
teñen a mobilidade reducida imposibilitando a capacidade de presentar alegacións
ante estes proxectos.
2. Un parque eólico podería ser unha ferramenta para revitalizar a vida e o emprego
no rural, sempre e cando os beneficios económico-sociais repercutan na comarca.
O cal é bastante dubidoso se nos fixamos noutros proxectos similares que se
levaron a cabo noutras localidades e comarcas galegas, nas que non se aprecia un
aumento significativo do PIB. Un proxecto desta magnitude non repercute na
economía da poboación dos concellos nos que se implanta, senón que as
empobrece e contribúe ao abandono do rural.
3. Non podemos apoiar un proxecto destas características xa que é moi agresivo
para a nosa terra e resulta incompatible coa actividade agro gandeira, turística e
forestal da zona.
Desde Podemos Baiona apoiamos a transición enerxética cara a un modelo mais
sostible, pero non a cal quer prezo. O custo medio ambiental non aporta valor
engadido á comarca, non baixa o prezo da luz e non hai unha creación significativa
de postos de traballo, xa que nestes proxectos, xestionados por empresas privadas,
os beneficios terminan saíndo do pais.
En conclusión, a transición enerxética é necesaria e urxente, sendo a enerxía eólica
parte moi importante nesa transición, pero está, debe facerse contando coa xente,
beneficiando a vida local e non prexudicando ás persoas só en beneficio duns
poucos.
En Baiona, a 29 de Maio de 2020
Ningún comentario:
Publicar un comentario