DOBRE PANDEMIA
Nestes días de confinamento nos que a
sociedade civil ven dando mostras dun gran civismo e resistencia,
atopamos que o tecido asociativo e cultural do país hibernou ou
mermou moito a súa actividade por motivos obvios. A Xunta de Galicia
pola contra, non parou a súa actividade, e aínda coa poboación
confinada e coa mobilidade restrinxida, acelerou un feixe de
procedementos administrativos de proxectos insdustriais. Esto que en
principio non estaría mal si os dereitos dos cidadáns estiveran
protexidos e tivesen os prazos e as posibilidades de analizar e
actuar con normalidade ante calquera deses procedementos, que non é
o caso.
Poidemos ver na páxina da Consellería
de Industria
https://www.arcgis.com/apps/webappviewer/index.html?id=4bae3fad95b6439bacef9d1a316765e9
a situación dos proxectos de Parques Eólicos da Serra da Groba e
da Serra do Galiñeiro.
Na Serra do Galiñeiro vemos que hai 13
muíños eólicos en tramitación. Na Serra da Groba aparecen 11
muíños no P.E. Albariño; 7 no P.E. Merendón, tamén en
tramitación. E aparecen divididos en catro Parques Eólicos como de
nova solicitude, o Toroña co 10 muíños; Torroña I con 4 muíños;
Torroña III con 10 muíños, e o do Rosal con 2 muíños. Asemade
as respectivas subestacións e torres metereolóxicas; catro torres e
dúas subestacións novas, máis as previstas para o Albariño e o
Merendón, en total catro subestacións na Groba. A do Galiñeiro non
aparece no mapa informativo.
A sociedade civil do Val de Miñor e de
Vigo, así como a Louriña e o Baixo Miño xa manifestou no seu intre
a súa opinión sobre os vellos proxectos do Galiñeiro e da Groba.
Fixéronse estudos, informes, alegacións e púxose de manifesto ante
a opinión pública os valores destes territorios do sur da provincia
de Pontevedra. Os concellos manifestaron en plenos o seu rexeitamento
ante estes proxectos industriais que non aportan ningún valor
engadido para a poboación das bisbarras e concellos afectados.
Manifestouse que os números, a economía, é algo máis que o
produtivismo dos euros producidos polos megavatios destes parques e
destas empresas, que con moito poder, dividen, fraccionan e especulan
coas concesións igual que fan noutros casos para que con empresas
varias cheguen as contas de resultados de grandes emporios
empresariais que pouco benefician a maioría de veciños dos
territorios. Non baixa o prezo da luz, non se crean moitos postos de
traballo nin se avanza na tan nomeada transición ecolóxica,
paradoxalmente. E aínda que se crean postos de traballo, se pagan
taxas e alugueiros/convenios cos propietarios da terra, non se entran
a valorar outras perdas medioambientais, naturais e culturais, que xa
vai sendo hora de que se valoren e se taxen na súa xusta medida, e
se deixe de trocar por euros calquera outro valor difícil de taxar,
como é a do patrimonio natural e cultural.
En tempo de pandemia e , probablemente
, de mudanzas sociais, económicas, e necesariamente de sistemas,
non podemos seguir avante cos mesmos erros do pasado, e deixar para
os que veñan despois un país e unha terra asoballada polas
industrias, sexan estas as que sexan.
Temos en Galicia parques eólicos por
todas as serras e montes. Xa poucas son as que fican sen as torres
dos muíños de vento e esas pistas que fenden a paisaxe de lugares
que deberían ser santuarios naturais. O futuro está nas enerxías
limpas, si. Mais non a calquera prezo nin cos procedementos
especulativos de sempre. O negocio non pode xustificalo todo. Hai que
mudar as formas e ir de verdade a transición ecolóxica doutro
xeito.
As Plataformas do Galiñeiro e SOS
Groba, xunto coa sociedade civil manifestáronse moi claramente sobre
estes procedementos e plans. Puxeron negro sobre branco os valores
naturais e culturais sa dúas serras que fechan o Val de Miñor e que
son as iconas do sur da provincia. Turismo, natureza e patrimonio
cultural teñen que ir xunguidos no futuro da bisbarra e, tamén,
calquera industria que sexa respectuosa co medio ambiente e o
patrimonio natural e cultural.
Nestes días tan
emotivos e dificiles para todas e todos, ver que hai quen segue a
pular por proxectos tan agresivos para as nosas serras, e que
desprecia todos os outros valores que tanto estamos botando de menos
neste confinamento, e que agora valoramos máis que nunca (
precisamente cando non podemos gozar deles), lévanos a denunciar e
alzar a voz para que ninguén se sinta protexido por unha
administración que lonxxe de velar polos intereses dos seus
cidadáns, axuda as empresas que máis levan expoliado e que so ven
no beneficio empresarial o futuro. O noso non é ver as serras
industrializadas e perdendo máis diviersidade e patrimonio. Non é
ver como se segue a especular coa terra quen no é nosa, da nosa
xeración, se non das futuras que tamén teñen dereito a un mundo
mellor.
Queremos, denunciar alto e craro, que
imos a estar aí vixiantes, denunciando as pretensións insdustriais
agresivas para as serras da Groba e do Galiñeiro. Quremos
denunciar, agora que imos entrar en periodo electoral, que os
partidos politicos se manifesten e expresen o seu posicionamento ante
estes proxectos concretos. Que os concellos de Vigo, Mos, O Porriño,
Gondomar, Baiona, Oia, Tomiño e O Rosal se posicionen e lles digan
os seus veciños cal é a súa postura ante estes proxectos. Que as
Comunidades de Montes afectadas tamén semanifesten e digan se queren
eses muíños e os cartos do alugueiro das terras, ou pola contra,
están por un monte multifuncional no que os valores naturais e
culturais sexan conxugados cos dos outros usos do monte tradicionais
e respectuosos co medio ambiente e a exlotación racional dos
recuros.
Galicia presume de ser un país verde,
no que a natureza e un valor senlleiro. Galicia ten moi pouca
natureza protexida por lei, Rede Natura, Parques Nacionais, Espazos
Protexidos... e ten grandes contradicións na protección efectiva
deses espazos e doutros que non teñen figura de protección e que si
a deberían ter ( como son estas dúas serras pola densidade de
valores naturais e patrimoniais).
Galicia ten a maioría das súas serras
e monte afectados por Parques Eólicos, construídos, en construcción
e/ou en procedemento administrativo. Nen as serras maís senlleiras
se libran de ser aproveitadas para a explotación eólica. Coidamos
que é moito impacto para a natureza, a pesares da etiqueta verde
que levan implícita.
En tempos de pandemia, ollar estas
novas nas páxinas oficiais da Xunta, é unha dobre pandemia, é un
duro golpe para a sociedade , os movementos ecoloxístas e o
asociacionísmo que temos as mans atadas polo confinamento e a
imposibilidade de facer asambleas e xuntanzas presenciais pola
limitacións de movementos e desprazamentos.
É polo que queremos denunciar e
anunciar a opinión pública que non podemos permitir que estes
proxectos sigan avante, e que a pesares das dificultades, seguiremos
atentos e SOLICITAMOS:
Que os partidos políticos, os
concellos e as Comunidades de Montes afectadas se posicionen
publicamente xa, antes da campaña electoral e das eleccións.
As Plataformas da Serra do Galiñeiro e
da Serra da Groba xa o facemos con este comunicado.
Val de Miñor, 27 demaio de 2020.
A ver se entre todos paramos isto
ResponderEliminar