luns, 8 de xuño de 2020

QUE PASA CO MEDIO AMBIENTE? CHAN DO CEREIXO







CHAN DO CEREIXO, PISTA PARA TODO
BEIRARRÚAS EN MAÑUFE: ACACIAS PARA DAR SOMBRA?

 Pasou o cinco de xuño, día Mundial do Medio Ambiente, damos un paseo polo noso Val de Miñor e atopamos un feixe de agresión e desfeitas que non sabemos de onde saen, mais si vemos as consecuencias.

CHAN DO CEREIXO: PISTA DE AEROMEODELISMO

 Na Chan do Cereixo hai unha pista de aeromodelismo hai moitos anos. Non sabemos a quen se lle ocurriu a idea, pero nun dos lugares con máis valores naturais e arqueolóxicos que temos no Val de Miñor achanzouse o espazo con maquinaria pesada e fíxose unha pista para que poideran practicar aeromodelismo os que gostan dese deporte. Nada encontra dese deporte, pero si do lugar escollido precisamente por ser lugar e habitat de especies senlleiras e moi sensibles de aves e anfibios e, asemade, grande interese arqueolóxico. Non moi lonxe, a uns cincocentos metros, xa na parroquia de Pinzás, tamén tiveron a idea de facer unha pista para avionetas que nunca foi máis que un proxecto que deturpou o terreo e inzou de carrasco e toxo. A ninguén se lle ocurriú compartir espazo naquel intre? ou é que como é doutro concello e outra comunidade cada quen mira polo seu e fai o que lle peta. Non importaron outros valores arqueolóxicos e biolóxicos e aí están as dúas pistas.
Agora para celebrar o día mundial do Medio Ambiente a alguén debeuselle ocurrir a idea de pechar a pista coa malla metálica e achanzar coa excavadora a zona. Non sabemos si contan ou non cos permisos de patrimonio e de medioambiente, necesarios e perceptivos. Si sabemos que fose como fora, nin é o intre (época de reproducción e cría de aves e anfibios) nin nos parece axeitado sin facer un estudio previo das consecuencias para a fauna e a flora da zona. Si o hai non o coñemos as asociacións que traballamos na zona tanto no patrimonio arqueolóxico como no natural, de feito tivemos coñecemento desta obra hoxe mesmo por un correo do coordinador da Asociación de Herpetología Española que o denuncióu na nosa caixa de correo.
Agardamos a que alguén nos explique ou conteste ás preguntas. Vaia por diante que nont emos nada en contra do aeromodelismo nin dos seus practicantes. Somos dos que pensamos que as cousas ben feitas ben campan, como dicían os vellos, e que sempre se poden buscar solucións no agresivas e respectuosas co medio ambiente.



BEIRARRÚAS EN MAÑUFE: ACACIAS PARA DAR SOMBRA?

Lemos na prensa de hoxe que a Xunta anda acondiconando as beirarrúas desa obra que uns chaman carril bici, outros beirarrúa perigosa e outros... estrada Ramallosa-Gondomar.

https://telemarinas.com/la-xunta-realiza-trabajos-de-desbroce-y-limpieza-en-los-margenes-de-carreteras-de-nigran-y-gondomar/

https://valminortv.com/2020/06/07/a-xunta-realizara-esta-semana-as-rozas-e-limpezas-das-marxes-de-estradas-autonomicas-no-val-minor/
 Xa hai un meses, antes da primavera e do confinamento, denunciamos que (supomos que accidentalmente e sin querer) a empresa que fixo as obras sementou acacias mimosas ó rechear os noiros dende o linde con Nigrán, fronte as Escolas Proval, ata perto da Gasolineira, con terra chea de semente de mimosas. Inzaron e medraron neses noiros, e calquera pode hoxe ver altitude que teñen só nuns meses. Ninguén fixo nada cando aínda era fácil arrincalas, e agora miden máis de tres metros e seguen a medrar e a inzar.
Fálase na nota, que supomos enviou algún gabinete da consellería correspondente,  que se tenta limpar as beirarrúas e marxes das estradas para desbrozar e limpar de especies prirofitas e evitar os perigos de lumes e a súa propagación. Pois parécenos ben, maís que limpen esas acacias (especie pirofita) que sementaron (sin querer) e non só esas herbas que tamén sementaron para "achicar" as beirarrúas e estorbar aos peóns e ciclistas.
O medio ambiente é algo máis que unha foto e unhas verbas. Hai que coidalo todo o ano e non só un día,  e facer pedagoxía para que a cidadanía toda tome conciencia e sexa máis coidadosa e respectuosa. Ante todo as administracións teñen que dar exemplo e facer as cousas mellor. É a súa obriga e responsabilidade e por iso nós facemos este apuntamento, que por outra parte xa fixemos no concello no seu día.
Veremos que nos depara o futuro.
(As fotos das mimosas son de novembro de 2019)


Ningún comentario:

Publicar un comentario