luns, 8 de xaneiro de 2024

OUTRA MÁIS!

 










Pasamos do NUNCA MÁIS a OUTRA MÁIS!

Este país noso ten unha capacidade de resilencia que esta no límite. Non sei si a xente é consciente do que nos ven enriba nas próximas datas. A contaminación das nosas praias con "unhas boliñas de plástico" é para a Xunta de Galicia un suceso menor que hai que tapar, como pasou no seu intre co PRESTIGE, escondendo o problema e minorizando os efectos ocultando información e, o que é aínda pior, producindo información non veraz e/ou enganando. Son mestres especializados niso e cádralles que están en campaña electoral e non vaia ser que se lles escape algún voto polo camiño.

O medio ambiente e a contaminación van ligados e para a Xunta de Galicia o que importa non é precisamente que melloren as condicións doas nosas praiae e mares, dos montes e serras, ríos e humedais. Levan anos sen ampliar a Rede Natura e sen protexer os espazos de interese natural. Teñen outros intereses maiores, de aí que toda a lexislación que se leva feito neste últimos anos sexa fume e néboa que non deixa ver a realidade, e si esta lexislación nalgún caso protexe aquelo que hai que protexer e resulta unha pexa para facer calquera intervención industrial, sexa do tipo que sexa, facemos outra lei e abrimoslle a porta aos depredadores do medio ambiente nun pretendido interese superior, nos postos de traballo, da economía verde e transición enerxética.

Agora, despois  de mareas negras e outras contaminacións,  temos outra vaga contaminante de efectos dificiles de valorar a curto prazo pola súa propia orixe e composición. Está é transparente e minúscula, pódese agochar entre as areas da praia como pequena boliñas que parecen graos de sílice, máis ou menos perceptibles cando se dispersan e non aparecen masivamente en sacos ou grupos grandes.

Onte na Praia da Madorra poidemos ver como, en toda a súa extensión,  habia boliñas de " ainda non sabemos ben de que" entre as algas, areas e cunchas. Había que agacharse e mirar con deteñimento para velas, pero estaban alí, igual que un grupo de voluntarias/os que con moita paciencia e sen medios, ían recollendo esas boliñas. Tivemos un NUNCA MÁIS solidario que tinguíu de bágoas negras moitas rúas e prazas de Galcia en manifestación e nas prais unha marea branca traballando recollendo piche. A XUNTA e o PP falaban de "hilillos de plastilina", mentres os mariñeiros e a cidadanía enchian dornas, barcos, capachos e todo tipo de recipientes dun magma de piche que enzoufou o noso mar e toda a costa. Agora temos OUTRA MÁIS invisible, máis mimetizada coa area e máis fácil de agochar para opinión pública ( agás cando aparece en sacos ou masivamente concentrada en pozas entre as rochas ou na intermareal).

OUTRA MÁIS e a Xunta de campaña electoral utilizando os medios, enganando OUTRA MÁIS  aos galegos e ao mundo e botandolle a culpa ó goberno central ou cargando a responsabilidade nos concellos. Eles, coma sempre, pasaban por alí e non eran responsables de nada.

Galegos, OUTRA MÁIS  e seguimos aquí aguantando que nos rouben o futuro?

Xa abonda!

HAI QUE PARALOS! HAI QUE BOTALOS! (Ollo, Botalos con B non con V)

En Galiza, NINGUNHA MÁIS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario