mércores, 12 de marzo de 2008

EFECTOS COLATERAIS






Así poderíamos definir, segundo algúns, os efectos e consecuencias da instalación de parques eólicos en lugares de grande interese natural e/ou patrimonial. Segundo moitas novas que van aparecendo día a día, a instalación dos aeroxeradores non está tan limpa de e efectos como se nos intenta transmitir. No xornal de onte podemos ver está noticia






Por outra banda, xa máis preto de nós, SOS Groba ven de facer pública unha serie de achádegos moi importantes na zona de implantación do Parque Eólico Albariño I. Na prensa de hoxe podemos ver a nova.


Son moitos os puntos de interese arqueolóxico e etnográfico que a empresa Eurovento non recolleu no seu informe. Unha empresa especializada contratada ao fecto fixo o seu informe. Nós podemos dicir que hai graves erros e eivas nise informe. Deostrámolo ante a Dirección Xeral de Patrimonio e fácemolo agora ante toda a opinión pública.


Seguiremos a traballar para ensinar a todo o mundo a grande riqueza que a nosa sera atesoura, e tamén para que non se perda.




NOVAS NA PRENSA DE HOXE




Ningún comentario:

Publicar un comentario