xoves, 13 de marzo de 2008

ÁBRESE A POXA












Como dicíamos hai uns días, pasadas as eleccións do día nove choven as novas sobre as eólicas no noso país. O regulamento sobre o decreto eólico foi presentado onte polo vicepresidente Quintana e o conselleiro Blanco. Dín os xornais que as peticións para o reparto das novas concesións supera con moito a oferta, de aí que os que máis se axusten as novas condicions impostas por Industria teñan posibilidades de conseguir que as súas empresas, xa con experiencia no sector ou novas, sexan elexidas no reparto.
Xa comentamos que respecto da anterior lei, mellorase moito. O país vai a contar máis e os beneficios poderán notarse alí onde se producen. Pero aínda se podería ir máis aló e que iste fose realmente notable para a veciñanza e o conxunto de cidadáns que nos vemos afectados. Dende SOS Groba desexamos que, tanto as empresas como a administración, sexan quén dunha vez por todas de ter verdadeiro sentido de país e fagan o mellor en cada caso, coidando moito factores que nunca foron tidos en conta. Necesitamos mellorar e ser máis eficientes enerxeticamente, pero non a calqueira prezo. Isas loitas polas clasificacións para ser os primeiros, non deben ser a costa da nosa natureza eo noso patrimonio, como se fixo no pasado coas hidraúlicas, logo as minicentrais, os primeiros parques eólicos e as térmicas. Estamos a falar de milleiros de metros de canalizacións e pistas por lugares onde a natureza ten o seu cerne e que, unha vez tallado, non vai a volver a ser o mesmo.
Dicíamos e dicimos que na Groba (parque proxectado coa antiga lei) non cabe iste tipo de intervención pois os valores visibles e futuros teñen máis rendabilidade económica e social parao Val Miñor que os que se podan derivar da producción de electricidade.


Ningún comentario:

Publicar un comentario