
MÁIS EFECTOS DOS AEROXERADORES
No xornal do Faro de Vigo atopamos esta noticia
Son moitas as asociacións ecoloxistas que veñen advertindo dos efectos e impactos sobre a fauna, nomeadamente sobre as aves, os insectos e pequenos mamíferos. Ises pequenos animais que as empresas se encargan de recoller diariamente para que non sexan vistos pola xente e poidan ser utilizados como crítica e arma contra algúns dos parques eólicos construídos en zonas de especial impacto.
Reiterar agora isto é volver sobre o mesmo. O que non se quere ver loxicamente é moi dificil de explicar, sexan cales sexan os argumentos. Dende SOS Groba só queremos ir anotando istes pequenos detalles para que, aqueles que non teñen cegada a súa obxectividade por nengún interese, estén informados e valoren.
Ningún comentario:
Publicar un comentario