luns, 31 de marzo de 2008

QUE FALE O POBO












Este pasado sábado SOS GROBA estivo en Mougás. Seguindo coas nosas charlas informativas/formativas, amosamos aos presentes no salón de actos do edificio da comunidade de Mougás unha proxección de imaxes nas que se pode ver a riqueza patrimonial da nosa serra, e tamén, o posible impacto ambiental e paisaxístico sobre os lugares nos que se pretende instalar os aeroxeradores. Tamén falamos dos puntos de interese arqueolóxico e etnográfico que se verían afectados máis concretamente.



Os veciños asistentes poideron oir as nosa propostas e as nosas opinións. Agora son eles, donos e soberanos, quenes deciden o que queren para os seus montes. Nós só damos a nosa opinión e argumentamos as nosas posturas. Tamén damos alternativas e exemplos de como se pode pór en valor o monte e o patrimonio que hai en el, xa sexa natural, arqueolóxico ou etnográfico.


O mellor de todo este proceso e que, ao remate, a xente fala, pregunta e informase. A xente quere saber e quere coñecer sen que a enganen nen lle pidan nada a cambeo. cando hai diñeiro polo medio, a información soe vir moi cociñada, que dirían os especialistas en información e sociólogos. SOS GROBA vai a falar coa xente a pelo, sen mascaras nen caretas. Do mesmo xeito, escoitamos a quen nos quere falar e decir as súas opinións, sexan as que sexan.


No fondo o mellor de todo sempre é o diálogo e, que fale o pobo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario