martes, 1 de abril de 2008

NOXO E MEDO








Despois de leer esta noticia igual entendedes o título de esta entrada. Vaiamos por partes.
NOXO.
É unha sensación que me invade e me desacouga. Despois do vivído neste país, e de ter sufruido e sufrir as consecuencias do negocio que leva feito Fenosa coas nosas augas, ríos e vales; dos pobos deaparecidos asolagados polas augas dos encoros de Castrelo do Miño, Portomarín, As Encobras, Belesar, etc. Dos fumes e residuos das centrais térmicas, das vilas e pobos como Nigrán, Gondomar e Baiona que cada pouco se quedan ser fluído eléctrico - e non estamos no cú do mundo-, dos electrodomesticos averiados e que tiveron que ir ao lixo sen compensación algunha. Despois da dictadura de esta empresa que despreza ao idioma galego e a milleiros de habitantes de pobos e vilas, leer que "apelamos a nuestra galleguidad" para recibir supostas avantaxes no reparto dos pastel eólico. Despois de todo esto a un pásalle polo corpo esa e outras moitas sensacións que por respecto non reproducimos aquí.
MEDO.
Mete medo pensar que unha empresa pode chegar a dicír públicamente que se lle aplique certa avantaxe ou "dereito" por ser quen é, por alegar o que Fenosa pode alegar, é dicír, unha grande con poder que esixe baixo a mesa se lle teña en conta se non.... Si dí públicamente esto, que fará en privado, onde as cartas coas que se xoga a partida- como dicíamos noutro apuntamento- están marcadas.¨ É para sentir medo e tamén desconfianza dos que teñen a representación do pobo e que, polo que estamos a ver, non sabemos se terán o que hai que ter para facerlle fronte e non vender, como no pasado ao noso pobo, os nosos recursos ao mellor postor. De súpeto, dretrás do noxo, veunos unha grande inquedanza que ben podería ser medo.
Pero, aviso: nin o noxo nin o medo van a facer que recuemos un centímetro. Pola contra, como estamos a ver, as nosas denuncias non son infundadas.
Como decía a avoa ¡ Deus nos pille confesados!



Ningún comentario:

Publicar un comentario