xoves, 17 de abril de 2008

NÉBOAS E FUME



Tripulantes do Xurelo hai 25 aos na Foxa Atlántica










Nos xornais de hoxe e de onte, aparecen varias novas referidas ao mercado enerxético e os movementos que se están a preparar a nivel estatal . A respecto do que nos atinxe a nós, poderíamos valorar positivamente unha pretendida mellora para os cidadáns nas condicións que se lle van a pór as eléctricas para desenrolar os seus proxectos. Mais, non vos fagades ilusións, ao remate se o analizades polo miúdo, só se agochan vagas de fume para aparentar o que non é. Non imos a facer agora unha analise pormenorizada do tema, pero si dicir que, si pagando algo máis as eléctricas van a poder construir alí onde antes se lles dixo que non - os Canóns do Sil- pouco ou nada avanzamos. Só imos a conquerir que, efectivamente, os concellos teñan algo máis de diñeiro, pero tódolos galegos teremos, menos natureza e máis terra asolagada. Que, por outra banda, xa está ben. ¡ Xa abonda! . Non si?




Descarga de bidóns con residuos radioactivos.




O outro debate ben pola vía do futuro da enerxía nuclear e o posicionamento do noso país ao respecto.
Moito se está a falar do tema, sobor de todo cando Francia e o Reino Unido andan apostando forte por ela.

O que eu me pregunto é: Os residuos que estes produzan van a quedar nos propios países? ou, pola contra, van a ser enviados a segundos e terceiros que maís necesitados de recursos e diñeiro, van a vender ou comprar - segundo se mire- inseguridade futura e risco por posicións e troco de outra materias ou tecnoloxías necesarias para o seu desenrolo?. Este é sempre o tintimán da cuestión. Uns producen e beneficianse das enerxías máis perigosas, e mandan o perigo - residuos- para paises emerxentes, afastados ou necesitados, os que non lles queda outro remedio que "tragar" o que os ricos lles botan.






Ponte do Xurelo






Por outra banda, Iberdrola, ACS ... andan a trocar cromos e xogar a ver quen pode máis. O medio ambiente, ante as grandes operacións corporativas, só é un número nos orzamentos das empresas: o da publicidade. Vendese fume e prodúcense néboas artificiais para que non vexamos o que se agocha por detrás.

Para ver e analizar:
















Unha anécdota, pero migalla a migalla faise unha bola:












1 comentario:

  1. Eu coñecin a fazaña a través dun dos seus autores. Un verdadeiro ecoloxista de sentimento e convicción. Xan Traba.

    Fernando Franco dícía naquel adeus a Xan Traba "Somentes morren aqueles que non deixan semente".

    http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pNumEjemplar=2735&pIdSeccion=5&pIdNoticia=83998

    Ninguén olvida a vosa fazaña no Xurelo.

    ResponderEliminar