venres, 30 de maio de 2008

AIRE E PAPEL




NOVA NA PRENSA DE HOXE


Cando eramos nenos aproveitábamos o aire e o papel para facelos partícipes dos nosos xogos. Daquela aínda eramos os propios nenos ou nenas os que construíamos os nosos xoguetes e os xogos. Non había nas tendas e os comercios tanto onde escoller como agora, nen había cartos para mercar o que a un lle apetecía. Para mercar unha pelota de goma para xogar ao futbol, había que esperar a noite de reis, daquela convertíase nun regalo, ou ao cumpleanos. Tamén, algunha vez xuntabamos entre todos unhas pesetas e mercabamos un balón para xogar na rúa ou nun solar que estaba perto das nosas casas. Eran outros tempos.


O papel daquela non se reciclaba como agora botandoo ao lixo ou a un depósito especial. A reciclaxe era contínua e aproveitabase sempre que chegaba as nosas mans.


Un xeito de reciclar era facer papaventos. Cunhas canas e un cordel que, a mairía das veces, aproveitabamos dos canutos dos foguetes das festas, preparabamos o papaventos para facelo voar, e con el os soños dun fato de rapaces algareiros. A loita por subir máis, a pelexa por cortarlle o rabo no aire ao dos compañeiros - eran obras colectivas, de varios rapaces xuntos- ...


Outro xeito de aproveitar o papel e ligalo co aire era o de facer tarabelas e avions. As tarabelas pintabamolas de coores e cun pequeno pau de guía, corriamos con elas na man facendo coa boca os ruídos dos motores dun hipotético avión, que ía voando á par dos outros compañeiros polas rúas e carreiros dos noso lugares de residencia.


Agora os que xogan coa aire e o papel seica son "os nosos empresarios " e os políticos que defenden o nos benestar. Os soños son outros, e as carreiras tamén.


Onde ímos a chegar? Que ceos van acadar os papaventos do secúlo XXI?


Moito me temo que estas dúas historias teñen un final moi distinto.


Mentres, nós seguimos a lembrar con agarimo ese outro xeito de usar o vento e aproveitar o papel.


Ningún comentario:

Publicar un comentario