mércores, 28 de maio de 2008

ESTE DOMINGO CURRO EN TORROÑA





















































Este domingo temos o segundo curro do ano en Torroña. Agardamos que o tempo mellore (as previsións dan unha melloría a partires do sábado) e se poida celebrar un bonito e vistoso curro.
SOS a SERRA DA GROBA estará de novo aí, axudando e apoiando aos propietarios dos cabalos para que a xente se anime e, entre todos, poidamos manter viva esta tradición milenaria e recuperar os animais ceibos en número e en calidade. Apostamos, como xa temos dito en outras ocasións, por animais que vaian cara a pureza de sangue para conquerir manter a especie viva e predominante na Serra da Groba. Esto traerá consigo moitas avantaxes que non se poden desprezar. Xa sabemos que este é un camiño lento e a longo prazo, mais temos que ir dando os primeiros pasos xa, para non ter que andar máis adiante con presas. Polo de agora o máis preocupante e de máis urxencia e concienciar e convencer aos sufridos propietarios de que non vendan para o matadoiro os seus animais, e manter na serra un nivel de animais sustentabel e mellor coidado. Esto siñifica saneado e rexistrado. Temos que conquerir que todos os propietarios esten asociados para ser máis fortes e para colaborar ante os problemas ou dificultades que se poidan dar.
SOS Groba ten ideas e proxectos para o futuro. Pasado este verán, teremos un diagnóstico da verdadeira situación. Xa con todos os curros celebrados e máis ou menos censaodos os animais, será o tempo de sentarse a falar de proxectos e de solucions para os problemas que se poidan plantexar.
Tamén queremos ir avisando a tódolos que teñades interese no mundo do Cabalo Ceibe e na conservación da tradición dos curros que estamos argallando a creacción dunha especie de ONG para manter apadriñados e ceibos cabalos na Serra da Groba. Xa iremos explicando e dando máis datos.
Agardamosvos a todos o domingo en Torroña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario