mércores, 7 de maio de 2008

CABO SILLEIRO E A PONTE DO RÍO GUILLADE




































Aí está o vello faro de Cabo Silleiro. Pasan os anos e os políticos seguen a desprezar o patrimonio de Baiona. Pouco antes das eleccións todo son promesas e proxectos - hai que ir preparándose, o ano que ven toca de novo- ate que pasa a data das eleccións e ninguén se lembra do que prometeu ou dixo que ía a facer. O faro vello de Cabo Silleiro ten sido proposto para máis dun proxecto que nunca se leva a ramo. E mira que se podería aproveitar ese sinxelo mais fermoso edificio para distintos usos. Tocoulle xogar coa máis fea co vertedoiro do lixo ao seu carón moitos anos. Agora vanlle a pór a nova depuradora pertiño. Aínda así poderíase aproveitar e restaurar e darlle utilidade. En nengún país do mundo se despreza tanto o patrimonio como no noso - nalguns lugares máis que en outros-.


En Baiona parece que a sensibilidade co patrimonio non existe. Imos pór un exemplo para que se decaten aqueles que nos leen.











Hai uns meses un camión botou abaixo os peitorís da ponte no río da Serra , ou tamén chamado río Guilade, en Sabarís. Despois de moito tempo e de varias denuncias en varios medios, onte poidemos comprobar como a falla de sensibilidade e de respecto polo patrimonio e inmensa. Moitas leis, moita policía, moitos políticos e funcionarios para esixirlle aos particulares milleiros de papeles e burocracias para facer calquera pequena xestión, e bula para as administacións e políticos municipais incompetentes. Cando teñades tempo e/ou ganas dar unha volta polo camiño vello ou verea real en Sabarís e botádelle unha ollada a pequena e fermosa ponte do río Guillade. Para algún xa está arranxada e cada cousa, de novo, no seu sitio. Para nós non se podía facer peor. Pasade por alí e xa comentaremos outro día, con fotos do antes e o despois.
Quén é o técnico que certifica e controla estas obras en Baiona?


Continuará...

Ningún comentario:

Publicar un comentario