luns, 5 de maio de 2008

QUEN CUMPRE A LEI?




Cemiterio de Baiona



Fonte da Estación, Panxón
Lavadoiro público en Sta. Marta, na desembocadura do río de Baíña.
Si damos un paseo polo noso Val Miñor podemonos atopar con moitos sinais do antigo réxime que perduran nalguns dos monumentos e elementos do noso patrimonio, como si non tivera pasado o tempo e todo seguira igual. Parece que non hai presa por cumprir a lei. Para algúns non é este un caso prioritario e non hai presa por borrar dos nosos lugares públicos os elementos de propaganda que nos foron impostos na ditadura. Mesmo parece que hai que agadecerlle que se manteñan aí para que se saiba quen era quen e o que se fixo polo pobo, "pobre e inculto", que recibía estas e outras obras como agasallos dos benefactores poderosos. As igrexas, as fontes, os lavadoiros... aínda son moitos os lugares que soportan nas súas paredes os simbolos do fascismo que tanto mal lle fixo a este país. Que ten que pasar para que se borre dunha vez toda esa simboloxía ferinte e doorosa? Quen é o que ten que levar a iniciativa a ramo?. Non se pode seguir falando de libertade e democracia e manter nos lugares públicos como si nada pasara todo ese aparello simbólico que tantas e tantas malas lembranzas nos trae. Só pedimos que se cumpra a lei e se borre, dunha vez, todo sinal dun pasado que houberamos preferido non vivir, mais que por desgraza vivímos e queremos que desapareza dos lugares públicos. A lembranza de tódolos que sufrirón e padecerón as aldraxes do fascismo, merece que se cumpra a legalidade e se honre a súa memoria.
A democracia é un feito que se vive e se practica e non só unha verba que se predica.

Ningún comentario:

Publicar un comentario