xoves, 8 de maio de 2008

EXEMPLO A SEGUIR









http://agalega.info/videos/?orixe=0&emi=2612&data=2008-05-04&hora=13:52:15&canle=tvg1#

Afortunadamente nalguns lugares fánse as cousas ben e con sentido.
Poidemos ver no programa A Labranza da TVG este domingo día 4 de maio, unha reportaxe sobre o Monte Cabalar da Estrada. Foi como si entrase pola nosa xanela unha bafarada de aire que nos encheu de ledicia e de sana envexa. As persoas maiores e as máis novas, todas xuntas, traballando por recuperar e pór en valor o seu monte. As testemuñas dos maiores falando do que foi o seu monte, a mágoa de velo queimado e abandonado e, por fin, a ledicia de ver como despois de ano e medio de traballo se vai recuperando e xerando recursos para todos.
Recomendamos que accedades aos arquivos da RTVG no que se pode ver a reportaxe completa, paga a pena.
Si na Serra da Groba somos capaces de facer algo parecido, teremos ganado moito, non xa para nós, se non para os nosos fillos e os que veñan despois de nós. Eso, consideramos que é o maís importante.
Onte falbamos con algún comuneiro dunha das Comunidades da nosa serra, e dicíanos que lle parecía moi ben o traballo que estamos a facer para por en valor a serra da Groba no seu conxunto, mais que vía difícil que chegaramos a conquerir algo. Non dubidaba do noso traballo nen do noso entusiasmo, dubidaba da xente, e dicía que non seríamos capaces de polos de acordo a todos. A nosa resposta foi: si non o intentamos nunca o conseguiremos, si pola contra traballamos e facemos pedagoxía e información, algo conseguiremos. E o remate ninguén poderá dicir que, mentres se perdía unha das nosas maiores riquezas, quedamos mirando como se ía sen facer nada.
Por traballo e esforzo que non quede. Cada un de nós, dos que queremos algo mellor para todos, dos que estamos convencidos de que se pode mellorar e de que hai alternativas para a Serra da Groba, imos a espallar e multiplicar a información e animar a xente a facer algo parecido o que podemos ver no video, e dende aquí aproveitamos para felicitar a Cooperativa do Monte Cabalar da Estrada. O seu exemplo dános folgos para seguir adiante.
Vémonos o domingo todos no Curro da Valga.

1 comentario: