mércores, 28 de maio de 2008

A PAISAXE E O SEU VALOR


































































Andan no parlamento a preparar unha lei sobre a paisaxe. ¡ Tarde piache! Como sempre, poderíamos dicir, nunca é tarde si a dita é boa. Mais, algo nos dí que tanta lei de pouco vai a servir se facemos o que decote vimos facendo, ignoralas e só mentalas cando xa non hai remedio. ¡Será por falla de leis sobre o territorio!






Tódolos conselleiros dende que existe a democracia, e todólos gobernos, tentaron cubrirse as costas con leis de protección e de ordeación do territorio. Nos últimos vinte anos, o noso país leva padecido unha das maiores desfeitas, precisamente, no territorio. O parlamento e a clase política, en xeral, ten pouco creto entre a cidadanía e, por desgraza, esa corrente de opinión non mingua se non que medra cada día máis. Polo tanto, non basta con facer propaganda nos medios sobre leis que se promulgan e se promoven. Non basta con encherse a boca con declaracións mentres a realidade segue a ser teimuda e nos amosa, día a día, que é outra moi distinta a predicada polos representantes que eliximos cada catro anos .





Moitos galegos atopámonos hoxe orfos, desvalidos, superados por unha realidade que non somos quen de cambiar só coas nosas forzas. A axuda de quen debería levar a bandeira, a clase política, é máis aparente que real e, por desgraza, os feitos estánnos a dar a razón.

Desexaríamos que, o que sobre o papel podería ser unha boa ferramenta, unha nova lei sobre a paisaxe, axudara a arranxar moitos dos problemas que hoxe temos no país e nomeadamente, na Serra da Groba. Mais, moito nos tememos que non veña a supór nada máis que papel para encher outro tomo máis nos andeis dos xurístas do noso país.





Para que ninguén nos critique e nos alcume como os do non, os incongruentes e demais adxectivos que se poidan imaxinar, ímos a lembrar que dende hai tempo somos nós, precisamente, os que estamos a dicir que a paisaxe é un valor que non é mensurable ni tasable. A Serra da Groba atesoura deste valor unha grande hucha sobordada por tódolas caras, norte, sur, leste e oeste. Só hai que abrilos ollos e deixarse asolagar por esa vaga que devala polo horizonte.












Para que conste, unhas olladas dende os nosos arquivos de fotos.











NOVA NO XORNAL GALICIA HOXE





http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=77&idNoticia=305604

Ningún comentario:

Publicar un comentario