Enlace coa reportaxe do curro no programa España directo.
Onte estivemos no curro de San Cibrán. Moi poucos cabalos ceibes. Por mor da brétema que subiú do mar nalgúns intres da mañán, e polos problemas que vimos apuntando nos nosos comentarios, os cabalos van a menos na nosa serra.
Moita xente e un grande ambente de festa. Moito cabaleiro e monturas de todo tipo a pasear polas chans da Portavedra e da Chan do Cereixo. A afición polo cabalo vai a máis e as burras do monte a menos. Todos os que queremos aos cabalos debemos xuntar esforzos para que a milenaria tradición non se perda e, por moitos anos, poidamos seguir vendo estes animais ceibos pola nosa serra.
A RTVE estivo alí para dar en directo unha pequena reportaxe de dous minutos. Os gandeiros tiveron a xentileza de agardar uns minutos e modificar o ritmo tradiconal do curro para que poidese saír a imaxe da nosa festa. Mágoa de que non estivesen en Mougás ou Torroña, onde o número de animais e maior.
De tódolos xeitos, noraboa ao goberno do concello de Gondomar que tenta axudar e colabouro na difusión e publicidade dos curros cun magnifico cartaz e un tríptico explicativo. As axudas todas son poucas, e boa falla fan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario