martes, 24 de xuño de 2008

A RESPOSTA ESTÁ NO VENTO











NOVAS NA PRENSA HOXE

















Temos na prensa de hoxe máis novas ao respecto do concurso eólico.

Para 2300 MW que se reparten , hai máis de 20.000 solicitados. Parece que hai moito interese, pois polo que se ve, o negocio é redondo e os beneficios grandes.

Alguén se parou a pensar o que vai a significar na paisaxe do noso país a instalación de todos eses novos parques?

Onde e como se van a instalar?
Polo que imos sabendo, cada día van aparecendo novas relacionadas co tema, que nos dín que non hai un concello nen un monte sin ser susceptible de ser tocado pola vara máxica da instalación dun parque eólico.
A consellería de Medio Ambente está a facer propaganda da nova lei da paisaxe. Segundo o noso conselleiro, a paisaxe galega vai a estar asegurada e protexida. Como dín os vellos "que deus nos colla confesados". Cando se lexisla tanto e non se fai cumprir o grande paquete de leis que xa existen, que nos espera?.
Será por leis. Dende que existe a democracia, a partires do ano 1977, promulgáronse milleiros de leis que non conseguiron que estes últimos anos fosen os máis destructivos da historia do nos país en tempos de paz.
Máis leis non é-por desgraza- sinónimo de máis protección.

Na Serra da Groba estamos a ver como a lei está feita a medida para permitir a destrucción silandeira - pero destrucción- do noso máis grande patrimonio: unha serra limpa de industria, coidada e protexida de verdade. A tan desexada Rede Natura só vai a protexer a cara oeste da serra, a que da ao mar, a que se ve dende a estrada que vai de Baiona á Garda. Os cumes, as penichairas, os humedais, as regueiras nas que hai máis variedade de especies animais e vexetais vivas, esa queda exenta de protección. A Chan do Cereixo, As Chans de Torroña, As Chans da Calzada e da fonte Salgueiro, A Valga... esas non van a ser protexidas pola rede natura.
A que xoga o señor conselleiro coas manifestacións que está a dar na prensa? A quen quere enganar?
A resposta ven no vento. Cando chegue ata nós, igual
nos barre a todos coma un furacan enxendrado na mesa dalgún despacho.

Ningún comentario:

Publicar un comentario