xoves, 3 de xullo de 2008

DOUS NOVOS INTEGRANTES DE SOS GROBA

Hoxe vai de felicitacións, que tamén é importante. Os nosos compañeiros na loita en SOS Groba, Sole e Roberto, despois dun periodo dificil e complicado, chegaron a meta que pretendían. Por fín son felices papás de dous xemelgos, neno e nena. Unha parelliña para empezar non está mal. Dende a nosa páxina hoxe queremos mandarlles as nosas felicitacións e moita forza para que os crien fortes e sans, nun país máis noso, ecolóxico e natural, onde se poda respirar e gozar da natureza que herdamos dos nos devanceiros, e pola que hoxe loitamos todos para que eles, que hoxe ven a luz, a gozen moitos anos tal como se merecen. Xa queda pouco para que nas abas da nosa serra sexan recibidos pola nai natureza e teñan o seu ritual de iniciación á vida, á terra e o país que os acolle. Aí estaremos para axudalos a ser libres e velos crecer nunha terra máis xusta e solidaria. Parabéns.

1 comentario:

  1. Moitas grazas por todo o apoio e mostras de cariño amosado neste momento tan importante nas nosas vidas.

    Agora comeza unha nova tarefa e teremos traballar máis sen dúbida para que este noso pais sexa un lugar mellor para os nosos fillos.

    Unha aperta moi especial de Roberto e Sole.

    ResponderEliminar