NOVAS NA PRENSA HOXE
EL PAIS
Parece que o precio do petroleo e os problemas da produción de enerxía favorecen a aparición de novas, que se está preparando hai tempo, e que é agora cando atopan o terreo extercado para sementar na opinión pública a idea de que a salvación e solución a todos os nosos males está na enerxía atómica.
No mundo da economía non hai casualidades. Os grandes capitais que moven os fíos, preparan con tempo e teimosía as súas estratexias. O problema enerxético, sendo real, está creado e favorecido para controlar as economías e autonomías dos gobernos. Para facer menos autónomos e independentes aos países, para manipular e controlar a economía e, en definitiva, o poder.
Técnicamente hai solucións para fornecer de enerxía a todo o mundo, para dar de comer a todos e que ninguén, en sexa cal sexa o seu lugar de residencia, pase fame. Mais, polo que vemos tódolos días, a realidade non é así. Os medios de comunicación e a manipulación discreta e constante crean a sensación de que temos un problema grave que pasa por as solucións que les propoñen, e non outras que existen e que serían máis favorables para todos. E cando dicímos todos, estamos a referir ao mundo enteiro, non só ao máis favorecido e desenrolado.
Na prensa de hoxe, nos enlaces que anotamos, dous exemplos dos intereses do capital e ata onde chegan ou están dispostos a chegar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario