luns, 14 de xullo de 2008
SENTIDO COMÚN
NOVAS NA PRENSA
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008071400_4_241981__GALICIA-Medio-Ambiente-aboga-parques-potentes-crear-nuevos
Aledanos moito ver na prensa de hoxe unha nova que, de ser certa e levarse a cabo, ben a darlle algo de sentido común ao futuro desenrolo do decreto eólico.
Hai tempo que dixemos que había solucións menos traumaticas para o país e o seu territorio a respecto da implantación da nova potencia en enerxía eólica. O sentido común dicíanos que cambiando os aeroxeradores vellos polos novos de última xeración, permitiría aumentar a producción sen ter que masacrar máis paisaxe, máis territorio e, tamén resolvería parte do problema do que aínda non se dí nada, que é o da evacuación e transporte dende o lugar de xeración ata as liñas existentes.
Dende a Consellería de Medio Ambiente, por unha vez, escoitamos algo que nos parece moi sensato e razonable. Agora ben. Esperemos que non só sexan palabras. O que realmente necesitamos son feitos. Xa estamos afeitos a ver e oir moi boas palabras e logo ficar todo en iso, só boas palabras.
Polo de agora temos que felicitar a consellería e agardar a que realmente defenda o medio ambiente que nos queda, xa que o outro medio xa ala vai estragado. Entre todos, a ver si chegamos a coñecer unha consellería do ambiente, así, só. Ambiente, enteiro, e deixamos o do "medio" nun mal soño que nos xogou a historia.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario